ACCIÓN CULTURAL

Este sábado, 3 de setembro, arranca o festival "Agustín Magán" de teatro afeccionado, no que colabora o Concello de Santiago

01/09/2022

O Concello de Santiago colabora no XXI Festival Agustín Magán, que se desenvolverá entre o 3 ao 24 de setembro no Teatro Principal, na Sala Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, e no Salón Teatro. O evento está organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado, FEGATEA. As representacións serán de balde. A entrada debe recollerse en taquilla. Estarán dispoñibles ata completar o aforo.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O 5 de setembro ábrese o prazo de preinscrición nas actividades programadas pola rede de centros socioculturais para a temporada setembro-decembro 2022

01/09/2022

A rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago programou, para esta nova tempada de setembro a decembro, 394 actividadades repartidas polos 45 centros que existen tanto na zona urbana como no rural. Son, en total, 3.967 prazas para unha proposta programática acorde coa demanda da veciñanza, que ten como obxectivos estimular a vida comunitaria e a participación social. A apertura do prazo de preinscrición para participar nas actividades do último trimestre do ano, comeza o luns, día 5 e remata o 20 de setembro.

Ler máis
Compartir: