POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello de Santiago súmase á conmemoración do Día Internacional das Persoas Refuxiadas
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, ofreceu unha rolda de prensa con motivo da celebración este 20 de xuño do Día Internacional das Persoas Refuxiadas. Na comparecencia, na que se presentaron diversas accións para conmemorar esta data, estivo acompañada de Isabel Rey e Macamen Díaz, da Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas
DEPORTES
A VI Jamboree Nacional Minibasket de Clubs reúne 300 deportistas no Restollal do 22 ao 25 de xuño
A Jamboree Nacional Minibasket de Clubs celebra do 22 ao 25 de xuño a súa sexta edición consecutiva en Santiago de Compostela. A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, presentaron o evento, que volve a ser un campionato de España oficioso e amigable na categoría minibasket. Ao longo das catro xornadas disputaranse 56 partidos nas tres pistas de xogo habilitadas no pavillón do Restollal.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Case 4.000 escolares participaron este curso nas actividades de educación viaria da Policía Local
Uns cen alumnos e alumnas do CEIP de Vite e do CEIP Raíña Fabiola participaron na mañá deste xoves na II Marcha Ciclista Escolar. O evento culminaba as actividades formativas do Departamento de Educación Viaria da Policía Local durante o curso 2018-2019, nas que participaron case 4.000 escolares.
EDUCACIÓN E PRESIDENCIA
Recepción ao alumnado de Baeza gañador do programa Aula de Patrimonio
O edil de Presidencia e Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, e a concelleira de Educación, Noa Díaz, recibiron esta mañá en Raxoi o alumnado do Colexio Filipense de Baeza, gañador da sexta edición do programa Aula de Patrimonio, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade.
ACCIÓN CULTURAL
Chega a oitava edición de "TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco"
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e Álvaro Álvarez da asociación Desconcierto Cultural, presentaron esta mañá no NH Collection Santiago a programación do TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco. O ciclo chega á súa oitava edición con cinco concertos que presentan a nove bandas diferentes en espazos singulares de Compostela.
EDUCACIÓN
Publicadas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as no Programa de Conciliación de Verán
A Concellaría de Educación vén de publicar os listados de admitidos/as e excluidos/as no Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2019, que se celebrará no CEIP de Vite e no CEIP Monte dos Postes. As actividades arrincan o vindeiro luns 24 de xuño.
TURISMO
A praza de Mazarelos acolle esta fin de semana o Festival de San Xoán
Entre o venres 21 e o domingo 23, a praza de Mazarelos acollerá unha nova edición do Festival de San Xoán, organizado por Turismo de Santiago, entidade de promoción turística do Concello. O obxectivo do Festival é aproveitar a gran tradición que teñen as Festas de San Xoán en Santiago de Compostela, con multitude de cacharelas por todo o termo municipal e unha implicación veciñal moi importante, e así potenciar o seu atractivo turístico, tanto para o mercado doméstico coma o internacional.