POLÍTICAS SOCIAIS
A IV edición de Compostela + Solidaria ofrece dúas semanas de actividades para "mudar o mundo"
O Concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha a cuarta edición de Compostela + Solidaria, un programa de sensibilización que se levará a cabo do 2 ao 13 de abril en distintos espazos da cidade. Del deron conta hoxe en rolda de prensa a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, e a representante da coordinadora galega de ONGD, Lorena Seijo.
ALCALDÍA E DEPORTE
Recepción á Selección Española Sub-19 feminina que xogará a clasificación para a Eurocopa no Estadio Verónica Boquete
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu a recepción oficial á Selección Española Sub-19 feminina, que a partir de mañá xogará tres partidos clasificatorios para a Eurocopa que se xogará este verán en Escocia. Foron recibidas polo alcalde, Martiño Noriega; a concelleira de Deporte, Noa Morales, e os edís Gonzalo Muíños e María Corral.
MEDIO AMBIENTE
Aberto o prazo de adxudicación ou renovación de 176 hortas urbanas
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia deu conta hoxe do inicio do procedemento de renovación das concesións de uso das hortas urbanas de Belvís de Arriba, A Almáciga, Caramoniña e Brañas de Sar, e para as adxudicacións das novas hortas de Santa Marta-Conxo-Volta do Castro. Xan Duro lembrou que Compostela terá máis de 300 parcelas ao dispor da cidadanía, en canto estean acondicionadas as de Campo das Hortas.
ALCALDÍA
O alcalde recibe o novo delegado institucional do CSIC en Galicia
O alcalde recibiu esta maña no Pazo de Raxoi o novo delegado institucional do CSIC en Galicia, Antonio de Ron Pedreira. Martiño Noriega expresoulle a vontade do Concello de colaborar co organismo, especialmente de cara á celebración do cen aniversario da súa presenza na nosa comunidade, que se cumpre en 2021.
LINGUA
O Centro Cívico do Romaño acolle mañá a xornada comarcal do Club de Debate
O Centro Cívico do Romaño acolle mañá mércores a xornada comarcal do Club de Debate 2019, que organizan os equipos de dinamización lingüística de nove concellos galegos, entre eles o de Santiago. Na sesión de mañá participará o alumnado dos IES de Cacheiras, Milladoiro, Ames e Antonio Fraguas de Compostela.