XUNTA DE GOBERNO
A Corporación debaterá este martes a aprobación do convenio coa Xunta e ADIF para a execución da pasarela da intermodal
O Pleno da Corporación celebrará o martes unha sesión extraordinaria na que se debaterá a aprobación do convenio entre a Xunta e ADIF para a execución da plataforma peonil da futura estación intermodal. Na mesma sesión deberá aprobarse a rectificación do anexo de investimentos plurianuais dos orzamentos de 2018, que incluía un erro na partida prevista para esta obra no ano 2019.
CONVIVENCIA
A Policía Local realizará controis do uso do cinto e dos sistemas de retención infantil do 14 ao 18 de maio
Durante a vindeira semana, do 14 ao 18 de maio, a Policía Local realizará controis do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil (SRI), no marco dunha nova campaña de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico (DXT).
FESTAS
A festa infantil no Teatro Principal, a dos maiores en Amio e os concertos da Quintana e do Toural, no sábado da Ascensión
Doce pezas de microteatro e tres concertos encherán de fantasía, música e risos os distintos espazos do Teatro Principal esta fin de semana, nunha programación para público infantil e familiar que converte á rapazada en protagonista das festas da Ascensión.
ALCALDÍA
O parque de Fonseca converterase no "Xardín das pedras que falan" grazas á colaboración entre o Concello e a USC
O xardín de Fonseca converterase no "Xardín das pedras que falan" grazas á colaboración entre o Concello e a USC, que fará realidade un proxecto concibido polo escritor Suso de Toro. Trátase de crear unha espiral con diferentes pedras, nas que irán gravadas liñas ou versos inéditos asinados por escritores e escritoras de diferentes países e diferentes linguas. O proxecto botará a andar o próximo luns, coa instalación das tres primeiras pedras. Nelas leranse palabras de Rosalía de...
MOCIDADE
Moisés Mato presenta o seu monólogo "Imposible matar la belleza" no Centro Xove
Imposible matar la belleza é un dos espectáculos en xira de Teatro del Abrazo. Un texto sobrecolledor escrito e interpretado por Moisés Mato. Este actor e director de teatro de orixe galego, que habitualmente vive en Madrid, presentará este monólogo o 16 de maio ás 21:30 horas, no Centro Xove da Almáciga.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada unha instrución interpretativa sobre os requisitos para a implantación de vivendas de uso turístico
A Xunta de Goberno aprobou hoxe unha instrución sobre o tipo de uso e os requisitos para a implantación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico no termo municipal de Santiago. O obxectivo é aclarar as posibles dúbidas que xorden á hora de interpretar as normativas ao respecto que teñen vixentes por un lado o Concello e polo outro a Xunta de Galicia, no exercicio das súas respectivas competencias.