LINGUA
Xogos, contacontos e obradoiros de Entroido na programación infantil con Apego do mes de febreiro
O programa Apego, que procura promover a socialización dos nenos e nenas en galego, continúa co seu calendario de actividades para as familias. Neste mes de febreiro haberá dende roteiros ao pé dos ríos ata obradoiros artesáns ou teatro. Ademais, haberá propostas relacionadas co Entroido.
DEPORTES
Os Black Ravens xogarán este domingo nas Cancelas o seu primeiro partido como locais na Liga de Fútbol Americano
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou o partido de fútbol americano que disputarán este domingo día 4 de febreiro os Black Ravens de Santiago contra os Gijón Mariners no campo das Cancelas. Xunto á concelleira estiveron Fernando Vigo, presidente do club Black Ravens, e David Gómez, xogador de ataque do equipo. O partido comezará ás 12:00 horas e será o primeiro dos santiagueses como locais na máxima división da Liga de Fútbol Americano.
ALCALDÍA
O Cocido en Ruta de Lalín chega a Compostela para presentar unha nova edición desta festa de interese turístico
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, exerceu de anfitrión esta mañá na presentación da Feira do Cocido de Lalín, que se celebra este vindeiro domingo 4 de febreiro na localidade pontevedresa. Na presentación estivo tamén o rexedor lalinés, Rafael Cuiña.
MANTEMENTO E OBRAS PARA O EQUILIBRIO TERRITORIAL
Comezan as obras de mellora en Meixonfrío, Campus Sur e Rapa da Folla
A próxima semana arrancarán as obras de mellora da accesibilidade do Campus Sur, a reurbanización de Rapa da Folla e os traballos para a mellora de seguridade viaria na rúa Cañoteira de Meixonfrío. Estas actuacións sumaranse á construción da cuberta do viario que comunica os centros educativos de Lamas de Abade, que xa comezaron esta semana. O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, deu conta hoxe deses proxectos.