DEPORTE
Este venres remata o prazo para anotarse na CorreSan Monte do Pedroso, que conta xa con case 600 persoas inscritas
O V Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan continúa esta fin de semana coa celebración da carreira polo Monte Pedroso o domingo 18 de setembro. O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou a proba en rolda de prensa, acompañado do delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín.
MOBILIDADE
Santiago de Compostela súmase á celebración da Semana Europea da Mobilidade
Compostela vaise sumar á celebración da Semana Europea da Mobilidade cun calendario cheo de actividades dende o 16 ao 23 de setembro. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, presentou a programación, acompañado por representantes dalgunhas das entidades que colaboran nela, como Composcleta, Amico ou Cogami.
ACCIÓN CULTURAL
Dezasete solistas, cinco concertos e máis sorpresas no VI Festival Peregrinos Musicais
O Festival Peregrinos Musicais, que se desenvolverá en Santiago de Compostela entre o 19 e o 23 de setembro, une na súa VI edición a solistas noveis de España, Países Baixos, Rusia, Armenia e Estados Unidos. Mozos e mozas de entre 12 e 21 anos que representan o maior nivel de excelencia profesional dentro da música clásica e que foron coidadosamente seleccionados mediante unhas probas nas que se testaron as súas habilidades técnicas e interpretativas. Ademais, o Festival contará coa actuación de músicos de...
TURISMO
O Camiño, elixido como unha das 10 rutas de sendeirismo con máis encanto de España
A páxina web de viaxes TripAdvisor vén de seleccionar o Camiño de Santiago como unha das 10 rutas de sendeirismo con máis encanto de España. Así, o Camiño comparte oco coa Ruta do Cares, Ruta do río Borosa, Ruta das Médulas, Canón do Río Lobos, Val de Ordesa, Senda do Oso, Val do Jerte, Illas Cíes ou Lagoa Negra.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Publicada no BOP a convocatoria de subvencións ás asociacións veciñais para actividades de interese xeral
O BOP de hoxe publica a convocatoria de subvencións ás asociacións veciñais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2016.