DEPORTES
Máis puntos de venda de entradas para o I Freestyle de Santiago de Compostela
Séguense incorporando novos puntos de venda de entradas para o I Freestyle Speed Style de Santiago de Compostela, que se celebrará no Monte do Gozo o 17 de maio. Na cidade, os billetes poden obterse no quiosco da praza de Galicia, no estadio de San Lázaro e a través do Autos Lobelle de Santiago F.S, que colabora activamente neste evento.
DEPORTES
Xornadas gratuítas sobre a osteoporose no Centro Sociocultural das Fontiñas
O mércores 28 e o xoves 29 de marzo realizaranse no Centro Sociocultural das Fontiñas dúas xornadas de avaliación densitométrica ósea. Estas sesións, que serán totalmente gratuítas, compleméntanse cunha charla orientativa sobre a osteoporose.
CULTURA
Nove concertos no variado programa musical da Semana Santa 2012
O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron o programa musical Semana Santa 2012, que engloba nove concertos que se celebrarán na igrexa da Universidade, agás un que será no Auditorio de Galicia. O programa de concertos, que se celebra do 4 ao 8 de abril, presenta unha ampla variedade musical, indo dende a época medieval ata o Barroco, con algunha incursión no Romanticismo e no século XX. Todos os músicos teñen vinculación...
DEPORTES
Recoñecemento municipal á xogadora de tenis de mesa Raquel Bonilla
Raquel Bonilla, xogadora do Arteal Tenis de Mesa, foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.
DEPORTES
O Concello pon a disposición dos afeccionados do Obradoiro autobuses para desprazarse a Fuenlabrada
O Concello de Santiago en colaboración co Blusens Monbus, pon a disposición de todos os afeccionados autobuses gratuítos de ida e volta o mesmo día do partido para asistir ao partido ante o Fuenlabrada, que se xogará o sábado 31 de marzo ás 18:00 horas (Teledeporte).
CULTURA
Mark Lanegan presenta en Galicia "Blues funeral" dentro do Compostela Rock
En 2010, toda unha lenda do rock como Mark Lanegan pisaba por primeira vez Galicia para participar no ciclo Xacobeo Importa. Tras aquel espectacular show en acústico, en 2012 o señor Lanegan publica novo disco, Blues funeral, o seu primeiro traballo en oito anos tras Bublegum (2004), e prepara unha xira europea que pasará polas principais capitais e que o traerá de novo a Galicia, nesta ocasión dentro do ciclo Compostela Rock. Á cita, que promete ofrecer unha noite memorable, vén acompañado de toda a súa banda.
ALCALDÍA
O alcalde escoitou as demandas da Asociación de Veciños Amigos de San Pedro
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse coa Asociación de Veciños Amigos de San Pedro.