CONVIVENCIA
A Policía Local detecta 38 infraccións na campaña de control do uso do cinto e dos sistemas de retención infantil
A Policía Local realizou máis de 2.000 inspeccións durante a campaña de control do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil realizada do 1 ao 7 de outubro. Nelas detectáronse un total de 38 infraccións.
MOCIDADE
O Centro Xove da Almáciga inicia o curso con novas actividades para a mocidade de Compostela
Arranca a programación de actividades no Centro Xove da Almáciga, que contará con 11 grupos diferentes divididos en horarios de mañá e tarde e onde se combinan propostas do departamento de Mocidade, dos Orzamentos Participativos e do interese das persoas usuarias do Centro. Haberá un total de 310 prazas.
CONVIVENCIA
O Concello de Santiago recibe seis desfibriladores no marco da campaña "Latidos que suman"
O Concello de Santiago vén de recibir seis desfibriladores, na segunda edición da carreira virtual solidaria "Latidos que suman", impulsada pola Asociación España Salud, en colaboración coa farmacéutica Esteve. Os dispositivos foron instalados en diferentes departamentos municipais, aumentando así o número de espazos cardioprotexidos da cidade e incrementando as posibilidades de supervivencia ante unha parada cardíaca.
TURISMO
Os establecementos da cidade xa poden inscribirse en Santiago(é)tapas
Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela, coorganizadores do concurso de tapas da cidade, Santiago(é)tapas, veñen de abrir o prazo de inscrición para os estabelecementos interesados en participar. As bases e a folla de inscrición poden consultarse na web do concurso, www.santiagoetapas.com. O prazo para inscribirse remata o día 19 de outubro.
ACCIÓN CULTURAL
O Teatro Principal acolle a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 22 ao 26 de outubro
O Teatro Principal será o escenario da Semana do Cine Euroárabe AMAL, que se vai celebrar do 22 ao 26 de outubro. Neses días poderanse ver nove longametraxes de ficción e documentais. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participou hoxe na presentación do festival, xunto co seu director, Ghaleb Jaber Martínez, o secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o fotógrafo Sergi Cámara, autor da fotografía que serve de imaxe a AMAL.