ALCALDÍA
O alcalde celebra os 40 anos do Museo do Pobo Galego, "fundamental para manter viva a memoria da nosa tradición"
28/10/2017
Ler máis
O Museo do Pobo Galego acolleu esta mañá o acto de celebración dos seus 40 anos, evento ao que acudiu o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, así como o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e o director do Museo do Pobo, Xusto Beramendi.