XUNTA DE GOBERNO

O Concello adxudica as obras para mellorar a accesibilidade en Pontepedriña por máis de 145.000 euros

29/09/2023

Reunida en sesión extraordinaria, a Xunta de Goberno acordou esta mañá a adxudicación do contrato para a execución das obras do proxecto "mellora da accesibilidade ao barrio de Pontepedriña" á empresa ÁREA PROYECCIÓN, CONSTRUCCIÓN Y SERVICIOS SLU por un importe de 145.200,00 €. Tamén se deu luz verde a un convenio de colaboración co Centro Comercial Área Central por valor de 35.000 euros para o desenvolvemento dun programa de dinamización comercial e outro coa Asociación de...

Ler máis

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

María Rozas visita as instalacións de Aspanaes en Santiago

29/09/2023

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais visitou esta mañá dous dos centros que Aspanaes xestiona en Santiago, en concreto as instalacións do Servizo de Atención Temperá, en Villestro, e o Centro de Educación Especial Duques de Lugo, en Lamas de Abade. María Rozas estivo acompañada polo presidente da entidade, Ignacio Labella; o director xerente, Daniel Viéitez, e o seu antecesor no cargo, José Alén.

Ler máis
Compartir: