CONSORCIO

Federico García Lorca regresa a Compostela a través dunha mostra pioneira

20/07/2023

O Consorcio de Santiago inaugura a exposición 'Lorca en Compostela', que reúne na Casa do Cabido máis de oitenta documentos e pezas, algún deles nunca exhibidos. Será a primeira vez que se mostren conxuntamente ao público elementos que revelan a fondísima relación do poeta andaluz coa capital, a lingua e a cultura galega.

Ler máis

FESTAS

Leilía abre as Festas do Apóstolo cun pregón cheo de música que pon a bailar a toda a praza do Obradoiro

20/07/2023

As integrantes de Leilía, Montse Rivera, Felisa Segade, Merchi Rodríguez, Patricia Segade, Ana Rodríguez e Rosario Rodríguez inauguraron esta nova edición das Festas do Apóstolo desde o balcón do Pazo de Raxoi, ante unha praza da Obradoiro na que se congregaron veciñanza e visitantes. O grupo galego encheu de música a noite compostelá cun pregón no que amosaron o seu amor por Compostela e as súa xentes cunha homenaxe especial a todos os colectivos locais de baile e música tradicional que ateigaron a...

Ler máis

FESTAS

As pregoeiras animan a todo o mundo a achegarse á praza do Obradoiro esta noite e "bailar ao son de Leilía"

20/07/2023

Felisa Segade, Montse Rivera e Patricia Segade foron recibidas esta mañá pola alcaldesa e as concelleiras Pilar Lueiro e María Rozas no Pazo de Raxoi. As integrantes de Leilía prometeron para esta noite un pregón "non ao uso", no que non faltará a música nin o baile e reiteraron o chamamento a todas as asociacións folclóricas compostelás para que se acheguen ao Obradoiro a celebrar o arranque das Festas do Apóstolo. "Para nós é unha honra e un orgullo poder dar o pregón da nosa...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba unha transferencia de crédito a Tussa para o alugueiro de autobuses

20/07/2023

A Xunta de Goberno acordou hoxe realizar unha transferencia adicional de crédito en favor de Tussa para que a empresa municipal poida alugar este ano unha pequena flota de autobuses para prestar o servizo do transporte urbano. En concreto, aprobouse un expediente de crédito por case 125.000 euros, financiados con cargo ao remanente líquido de tesourería para gastos xerais do Concello do exercicio de 2022.

Ler máis
Compartir: