EDUCACIÓN

O barrio de Santa Marta acolle este sábado o concerto da EMM para a veciñanza, adiado por mor da meteoroloxía

05/05/2023

O Departamento de Educación e a Escola Municipal de Música organizan un ano máis, e xa van vinte, un novo 'Concerto para a veciñanza'. Esta cita coa música, no que participarán diferentes agrupacións musicais do centro, está pensado para dar a coñecer o traballo realizado pola comunidade educativa da EMM e dinamizar a vida local e cultural dos barrios procurando descentralizar e achegar a música a todos os sectores de poboación.

Ler máis

FESTAS

Preséntase o programa definitivo da IV Festa do Banquete de Conxo que se celebrará o 12, 13 e 14 de maio

05/05/2023

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado de Cecilia Carballido, coordinadora do evento, presentou esta mañá non CSC de Conxo o programa definitivo de actividades da cuarta edición da Festa do Banquete . O día grande da Festa será o domingo 14 de maio, cos desfiles teatralizados, o pregón e a posterior romaría popular na carballeira que estará amenizada por distintas actuacións musicais. O alcalde fixo un chamamento a toda a veciñanza para achegarse a Conxo e participar nas diferentes...

Ler máis

COMERCIO

O Concello homenaxea os establecementos composteláns con máis de 50 anos de historia

05/05/2023

O Espazo Apego acollerá está tarde ás 19:30 un acto de homenaxe aos comerciantes locais que levan 50 anos ou máis ofrecendo os seus produtos e servizos na cidade. Ao acto acudirá o alcalde Xosé Sánchez Bugallo que entregará un diploma e un distintivo a todos estes establecementos a modo de recoñecemento polo seu peso e contribución ao tecido comercial da cidade.

Ler máis
Compartir: