URBANISMO

A Xunta de Goberno Local aproba inicialmente o Plan parcial de ordenación do SUND-4 de Rebordaos, no que se poderán construír ata 400 vivendas

27/05/2023

A Xunta de Goberno Local, reunida onte en sesión extraordinaria, aprobou inicialmente o "Plan parcial de ordenación do SUND-4 (Rebordaos), promovido por iniciativa particular. Este plan parcial ordena unha superficie edificable total de 48.506 metros cadrados, resultado de aplicar o índice 0,30 sobre a superficie neta computable de 161.687 metros cadrados. Desta edificabilidade total, 38.805 metros cadrados, un 80% serían de uso residencial, dacordo coas ordenanzas; e o resto, 9.701 metros cadrados, un 20%, de uso terciario comercial e outros.

Ler máis

OBRAS

Aprobado o proxecto de acondicionamiento do edificio que acollerá o Centro de Interpretación Rupestre de Villestro

27/05/2023

A Xunta de Goberno, reunida onte en sesión extraordinaria, aprobou o proxecto de acondicionamento do edificio no que se instalará o "Centro de Interpretación Rupestre de Villestro", que conta cun orzamento de 225.824,51 euros, IVE engadido. A edificación sobre a que se vai actuar ten dous andares, cunha superficie total construída total de 273 metros cadrados.

Ler máis
Compartir: