MEDIO RURAL

A Xunta de Goberno Local aproba a licitación da senda peonil da Silvouta

26/05/2023

A xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a licitación das obras da senda peonil da Silvouta, enmarcadas no "Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (plan único de concellos) POS+ 2022 da Deputación Provincial da Coruña. Esta actuación conta cun orzamento base de licitación de 119.874,48 IVE engadido.

Ler máis

TURISMO

A Xunta de Goberno aproba a licitación do servizo de implantación do sistema de sinaléctica intelixente

26/05/2023

A Xunta de Goberno Local reunida en sesión extraordinaria, aprobou o expediente de contratación do "Servizo de implantación e posta en funcionamento do sistema de sinalética intelixente do patrimonio cultural da cidade de Santiago de Compostela", cun orzamento base de licitación de 597.539,49 euros; e a licitación do "Servizo dunha Oficina Técnica para a xestión e soporte integral dun Concurso Internacional de Iluminación ornamental e artística da contorna monumental da Catedral de Santiago", que conta...

Ler máis
Compartir: