CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Alameda de Santiago acolle este venres as actividades para a cativada do "Día Internacional do Xogo"

25/05/2023

O Paseo da Ferradura, na Alameda de Santiago, acollerá mañá distintas actividades de ocio programadas pola Rede de Centros Socioculturais para conmemorar o "Día Internacional do Dereito ao Xogo". A partir das 17:00 h, nenos e nenas poderán gozar co circuíto de xogos tradicionais, creativos e cheos de diversión, así como co espectáculo "Canta Música" de Pablo Díaz.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello homenaxea o persoal con máis de 30 anos de antigüidade

25/05/2023

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá un almorzo co gallo do día de Santa Rita, patroa dos funcionarios, durante o que se celebrou un acto de homenaxe e de entrega dun agasallo aos traballadores e traballadoras municipais que levan 30 ou máis anos ao servizo do Concello de Santiago e da cidadanía.

Ler máis
Compartir: