EDUCACIÓN

'Esperando o amencer', da artista peruana Fabiola Anchorena, recibe o Premio Nacional aos Libros Mellor Editados 2022 na categoría de libros infantís e xuvenís

23/05/2023

'Esperando o amencer', obra gañadora do XV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, convocado polo Concello de Santiago e a editorial Kalandraka, denuncia a destrución dos pulmóns do planeta a causa dos grandes incendios. A poética do texto contrasta coa dureza da historia, cuxa forza comunicativa recae nas ilustracións, que destacan polo seu maxistral tratamento da cor.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Preto de 12.000 persoas pasaron polo CSC Maruxa e Coralia desde a súa apertura hai seis meses

23/05/2023

Tras seis meses a pleno rendemento, o CSC Maruxa e Coralia consolídase como espazo de referencia para a veciñanza da cidade histórica. Desde que abriu as súas portas na praza Salvador Parga, o pasado 9 de novembro, preto de 12.000 persoas achegáronse ao centro para participar nos diferentes cursos e actividades, facer uso do espazo público para ler a prensa, usar os ordenadores ou celebrar encontros, así como para visitar exposicións ou tomar parte no programa de roteiros e visitas guiadas pola cidade.

Ler máis
Compartir: