FESTAS

Mañá arranca a IV edición da Festa do Banquete de Conxo con actividades dirixidas aos máis novos e os tradicionais Cantos de Taberna

11/05/2023

As celebracións da IV edición da Festa do Banquete darán comezo mañá coa representación teatral do Pequeno Banquete, no que participará o alumnado do CEIP Quiroga Palacios, e o concerto de Fillas de Cassandra, que gravarán un videoclip co alumando presente na carballeira de Conxo. Pola tarde terán lugar os obradoiros de baile tradicional e de Cantos de Taberna co posterior percorrido polos bares do barrio para interpretar as diferentes pezas. O día grande das festas será o domingo 14 de maio, cunha romaría...

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O Concello de Santiago e a Deputación da Coruña asinan o convenio para o primeiro tramo das obras da Vía Verde en Compostela

11/05/2023

Este novo tramo forma parte da Vía Verde Santiago-Tambre-Lengüelle, que engadirá 10 quilómetros aos 26 quilómetros actuais da Vía Verde en Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda e aos 30 quilómetros das sendas existentes en Compostela polas beiras do Sar e do Sarela. Esta primeira fase conta cun orzamento de algo máis de 826.756 euros, dos que a entidade provincial achega arredor de 527.959 euros o Concello de Santiago os 298.787 euros restantes.

Ler máis
Compartir: