EDUCACIÓN

O barrio de Santa Marta acolle o vindeiro sábado un concerto da EMM para a veciñanza

19/04/2023

O Departamento de Educación e a Escola Municipal de Música organizan un ano máis, e xa van vinte, un novo 'Concerto para a veciñanza'. Esta cita coa música, no que participarán diferentes agrupacións musicais do centro, está pensado para dar a coñecer o traballo realizado pola comunidade educativa da EMM e dinamizar a vida local e cultural dos barrios procurando descentralizar e achegar a música a todos os sectores de poboación.

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Alingua desvela a campaña É túa. Pásaa! para apelar ao uso do galego no individual e no colectivo

19/04/2023

O lema para este ano está concebido como unha chamada á acción que será difundida a través dos dezanove concellos que forman parte da asociación, entre os que se atopa o Concello de Santiago. Unha pegadiza canción de estilo electro-latino realizada por Fátima Pego e Grande Amore centra as accións que se desenvolverán no primeiro semestre de 2023.

Ler máis

MOBILIDADE

Esta tarde celébrase o terceiro Encontro Participativo Temático no marco da actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible

19/04/2023

Tras dous encontros centrados na mobilidade de peóns, bicibletas e VMP e no trasporte público da cidade, esta tarde terá lugar o terceiro foro, que versará sobre tráfico, estacionamento e distribución de mercadorías e se desenvolverá en formato telemático a partir das 17.00 h. O vindeiro 26 de abril terá lugar o último encontro temático no marco do proceso participativo de revisión e actualización do PMUS, no que se debaterán as problemáticas e retos da mobilidade no medio rural e...

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

As Cidades Patrimonio da Humanidade promociónanse nas xornadas de Turespaña dirixidas ao mercado de Estados Unidos

19/04/2023

As Cidades Patrimonio da Humanidade de España promociónanse nas xornadas dirixidas ao mercado de América do Norte, que se celebran do 17 ao 20 de abril en Mallorca. Organizadas por Turespaña, estas xornadas teñen como obxectivo favorecer a comercialización dos produtos e servizos turísticos españois e nelas participan 75 axentes de viaxes e turoperadores procedentes do mercado norteamericano.

Ler máis
Compartir: