EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Aberta ata o 15 de marzo a inscrición no programa "Aula de Patrimonio"
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convoca a sexta edición do programa pedagóxico Aula de Patrimonio, no marco do curso escolar 2018-2019, destinado a estudantes das 15 cidades integrantes da rede: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda
ACCIÓN CULTURAL
Producións Teatrais Excéntricas estrea "Carpe Diem" no Teatro Principal
Produccións Teatrais Excéntricas celebra o seu 15 aniversario poñendo sobre as táboas Carpe Diem, un texto de Rubem Fonseca que dirixirá, como é habitual na compañía, Quico Cadaval. Protagonizado por María Costas, Marcos Vieitez, Víctor Mosqueira e Mon Orencio, estrearase este mércores, 27 de febreiro, no Teatro Principal, dentro da programación de Compostela Cultura Artes Escénicas e da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Agadic. Foi presentado esta mañá polo propio Cadaval e...
IGUALDADE
Punto de encontro feminista, campaña de corresponsabilidade e conversas na Xohana Torres protagonizan as accións do 8-M
O Concello de Santiago aposta de novo por conmemorar de maneira activa o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cunha programación completa e diversa que se estenderá durante todo o mes de marzo. A concelleira de Igualdade, Marta Lois, deu conta dos detalles destas accións nunha rolda de prensa.
CONSORCIO
A Real Filharmonía estrea "Macaréu", do compositor galego Adrián Saavedra
A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar o mércores 27 no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:00 horas, dentro da temporada de música clásica da Sociedade Filharmónica de Vigo e Afundación. O xoves orquestra tocará na súa sede, o Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas, no marco da súa temporada de abono. O mestre Jonathan Webb, principal director convidado da RFG dende outubro de 2016, levará a batuta de ambos os dous concertos.
COMERCIO
Iniciado o proceso de selección dos 30 establecementos candidatos a albergar a mostra "Comercio Emblemático 2019"
O Concello convoca o comercio de Santiago para a súa participación na exposición Comercio Emblemático 2019: algo máis que mercar. Seleccionaranse 30 establecementos que acollerán nos seus escaparates, dende finais do mes de marzo, fotografías que reflicten a historia da actividade comercial compostelá. Para poder participar cómpre formalizar unha solicitude neste enlace.