FESTAS

As festas do Entroido volven ás rúas tras un ano de parón co tradicional desfile do Meco, actuacións musicais, atranques e pasarrúas

22/02/2022

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou este martes a programación do Entroido en Compostela que pouco a pouco volve á normalidade tras un ano de interrupción por mor da pandemia. Ademais das múltiples actividades que se desenvolverán polas rúas de Santiago, o Meco subirá ao Pazo de Bendaña este sábado para presidir unha celebración que se prolongará ata o mércores 2 de marzo, cando o boneco arderá na praza Roxa. Por contra, o tradicional desfile da tarde do martes de Entroido...

Ler máis

TURISMO

O Concello de Santiago colabora no I Encontro do Viño Galego Revera Vinum que contará coa participación de máis de 180 adegas

22/02/2022

Santiago acollerá a primeira edición deste evento enolóxico que terá lugar o 22, 23 e 24 de marzo e ao que asistirán profesionais de prestixio como Rafael Palacios, Xosé Lois Sebio ou Eva Pizarro. O Encontro, promovido pola Asociación Hostalaría Compostela co apoio do Concello, ademais doutras entidades, foi presentado esta mañá nun acto que contou coa presenza do concelleiro de Turismo Sindo Guinarte.

Ler máis
Compartir: