POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Entregados os premios do concurso Fotolingua
A concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, entregou os premios da IV edición do do concurso Fotolingua. O acto tivo lugar no estudio Sondanza, onde Raquel Pombar realizou a fotografía publicada en Facebook que se fixo co premio do público. Tanto ela, como Xaime Varela, gañador do premio da organización, recibiron de agasallo unha tableta coa que continuar ampliando e divulgando o uso da lingua en Compostela e no mundo virtual.
ALCALDÍA
A preparación do próximo Ano Santo, tema central da reunión entre o alcalde e o arcebispo de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, seguindo a rolda de xuntanzas coas principais institucións da cidade, reuniuse esta mañá co arcebispo de Santiago, Julián Barrio. A preparación dos vindeiros anos santos foi o punto principal tratado no encontro.
ALCALDÍA
A Xunta Local de Seguridade aborda o dispositivo para as festas do Apóstolo
Santiago é un concello seguro, no que nos últimos dous meses se constata unha diminución na maioría de delitos denunciados. Así o destacaron o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Riobóo, despois de presidir a Xunta Local de Seguridade con motivo das festas do Apóstolo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello participa en Zaragoza no I Campus da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local
Os días 10 e 11 de xullo, Zaragoza Activa acolle o primeiro Campus da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local (REDEL), un evento no que participan preto de 70 profesionais e responsables políticos do desenvolvemento local de 27 cidades e rexións de España. O Concello de Santiago está representado no evento.
EDUCACIÓN
Aberto o prazo de reserva de obradoiros nas escolas infantís municipais
Dende este luns e ata o 15 de xullo está aberto prazo de reserva dos obradoiros para o curso 2019-2020 nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. As solicitudes de novo ingreso poderán presentarse do 17 ao 24 de xullo.