CONVIVENCIA
A Policía Local realizou máis de 41.000 controis de velocidade durante a pasada semana, con 162 infraccións
A Policía Local de Santiago sumouse durante a pasada semana a outra campaña especial sobre vixilancia e control de velocidade da DXT. Do 1 ao 7 de abril controláronse 41.610 vehículos, dos que 162 foron denunciados para sanción por superar os límites establecidos.
PLENO
O Pleno aproba definitivamente os estudos de detalle na ARI de Vite
O Pleno da Corporación aprobou hoxe dous novos estudos de detalle da Área de Rehabilitación Integral de Vite, que se suman aos tres que recibiron luz verde en decembro. Este trámite é necesario para a instalación de ascensores e para acceder ás axudas á rehabilitación do Ministerio de Vivenda.
OBRAS
O Concello instalará pasos de peóns elevados na rúa da Estrada para mellorar a seguridade viaria
O Concello instalará pasos de peóns elevados na rúa da Estrada, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria nunha zona con alta densidade de poboación e cunha área escolar. A actuación levaráse a cabo na semana seguinte á Semana Santa.
TURISMO
Compostela acollerá durante este ano case medio cento de congresos
A concelleira de Turismo, Marta Lois, presidiu esta mañá no Auditorio de Galicia unha nova sesión ordinaria do Consello Municipal de Turismo, órgano participativo que reúne a representantes da Administración, do sector turístico e diversas entidades da cidade para o diálogo, a participación e o asesoramento da toma de decisións da política turística municipal.
ALCALDÍA E TURISMO
Turismo de Santiago recupera o certificado de calidade do SICTED para o sector turístico
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Turismo, Marta Lois, entregaron a súa distinción aos 60 establecementos e servizos turísticos da cidade que superaron as avaliacións de calidade do SICTED nos últimos meses do 2018. O acto de entrega tivo lugar no Centro Abanca – Obra Social.
ACCIÓN CULTURAL
Pablo Castaño Quartet e Pablo Sanmamed Trío presentan os seus novos discos en "Jazz da Rúa Nova"
Jazz da Rúa Nova é un concerto de artistas consagrados da escena compostelana. Nel, presentarán as súas correspondentes novidades discográficas: Pablo Castaño Quartet, A-la-láa, e Pablo Sanmamed Trío, 16/04. Trátase dunha noite co bo jazz da cidade este xoves 11 de abril no Teatro Principal de Santiago, no corazón da Cidade Vella, lugar onde se tocaba por vez primeira esta música en Galicia nos anos 20 en locais senlleiros coma o Café Español, o Teatro Royalty ou o Quiqui Bar.