ACCIÓN CULTURAL
Catro artistas galegas participarán nas residencias artísticas do proxecto europeo Wom@rts
Máis de 30 artistas europeas foron convocadas a participar nas residencias artísticas que o proxecto Wom@rts desenvolverá do 10 de setembro ao 24 de outubro nas cidades de Avilés (España), Angoulême (Francia) e Limerick, (Irlanda). Entre elas, cóntanse catro creadoras galegas: Mery Pais (Santiago de Compostela, 1990), Teresa Búa (Muxía, 1991), Xulia Vicente (Cariño, 1993) e Haya Blanco (Santiago de Compostela, 1984).
CONSORCIO
O 11 de setembro remata o prazo para optar a catro prazas de violín e unha de contrabaixo na Escola de Altos Estudos Musicais
O Curso Avanzado de Especialización Orquestral impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago de Compostela. Diríxese a músicos/as instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Mais de 250 nenos e nenas participaron ao longo do verán no Programa Municipal de Conciliación
O edil de Educación, Manuel Dios, visitou esta mañá o CEIP Raíña Fabiola para facer balance do programa de conciliación que se celebrou durante o verán neste centro e no Monte dos Postes. O programa continuará ata o día 11 de setembro.
IGUALDADE
Quince novos concellos amosan o seu interese pola campaña "En negro", que botou a andar coa primeira xuntanza preparatoria
O CERSIA acolleu esta mañá unha xuntanza de coordinación e preparación da cuarta edición da campaña En negro contra as violencias, na que participaron representantes de 60 concellos e das deputacións da Coruña e Lugo, da man das súas deputadas en materia de Igualdade.
ALCALDÍA
O Ministerio de Transición Ecolóxica desbota definitivamente a localización do Souto para a futura EDAR
O Ministerio de Transición Ecolóxica desbota definitivamente o proxecto da EDAR do Souto, e asume o compromiso de viabilizar a localización alternativa da Silvouta. Así o confirmou o director xeral da Auga, Manuel Menéndez, na reunión que mantivo esta mañá co alcalde, Martiño Noriega, e co concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.