ACCIÓN CULTURAL
O Auditorio exporá as fotografías galegas de Francesc Català-Roca
Cando se cumpren vinte anos do pasamento de Francesc Català-Roca (Valls, Tarragona, 1922 – Barcelona, 1998), o Auditorio de Galicia presenta unha importante escolma da obra dun dos fotógrafos capitais na historia da imaxe. O 9 de maio, ás 20:00 horas, a Sala Isaac Díaz Pardo acollerá a inauguración da mostra Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia 1956-1976, coproducida polo Concello de Santiago, o Auditorio de Galicia, o Concello da Coruña e o Kiosko Alfonso.
FESTAS
Comeza o reparto de entradas e convites para os espectáculos da Ascensión
Coas festas da Ascensión ás portas, Acción Cultural principia a distribución de entradas e invitacións para os espectáculos e actividades de acceso limitado que se inclúen no programa. Entre elas, as entradas para a XXI edición da Festa dos Maiores en Amio, que comezaron a venderse onte no Teatro Principal. Cun prezo de de 7,50 euros, inclúen xantar e actuación musical do grupo Alma Latina, e poderanse adquirir ata o 11 de maio no despacho de billetes do Teatro e en horario de 11:00 a 14:00 horas.
ALCALDÍA
O alcalde recibe a Plataforma Queremos Galego
O alcalde recibiu hoxe no Pazo de Raxoi os representantes da Plataforma Queremos Galego, responsables da convocatoria da manifestación que o próximo 17 de maio percorrerá as rúas de Santiago baixo o lema "En galego, día a día". Martiño Noriega expresou o seu apoio á marcha, que partirá ás 12:00 horas da Alameda.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello esíxelle ao IGVS unha alternativa habitacional para os casos de desafiuzamentos
O Concello de Santiago reclama á Xunta de Galicia que, ante a ameaza de desaloxo dunha familia de Compostela, o Instituto Galego de Vivenda e Solo sexa quen de ofrecer unha alternativa habitacional axeitada.