FACENDA
Santiago acolle a 5ª reunión de coordinación do programa Atlantic Social Lab
O Auditorio de Galicia acolle este martes e mañá mércores a 5ª xuntanza transnacional de socios do proxecto europeo Atlantic Social Lab. Na reunión participan representantes de cinco países da Unión Europea (Francia, Portugal, Reino Unido, Irlanda e España), co obxecto de por en común os avances dos traballos realizados no marco no proxecto.
MEDIO AMBIENTE
Compostela contará con dez sensores da calidade do aire, instalados no marco do proxecto europeo TRAFAIR
O Concello de Santiago é un dos socios participantes no proxecto europeo TRAFAIR, que ten como obxectivo analizar a calidade do aire e a contaminación derivada do tráfico. A iniciativa, liderada pola universidade italiana de Módena, suporá un investimento total de 2,2 millóns de euros. Desa cifra, a Compostela vanlle corresponder 170.000 euros.
POLÍTICAS SOCIAIS
A asociación '2plega2' chega a Santiago na súa campaña de concienciación sobre a fibrose quística
Hoxe chegaron á praza do Obradoiro os membros da asociación solidaria "2plega2", que pretende darlle visibilidade á fibrose quística e recadar fondos para axudar á investigación desta doenza. Juan Meira, Pedro de Armas e Salvador Garrido foron recibidos pola concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.