ALCALDÍA
O alcalde recibe un grupo de xubilados e xubiladas de Tafalla (Navarra)
O rexedor compostelán, Martiño Noriega, recibiu un grupo de xubilados e xubiladas do municipio de Tafalla (Navarra), acompañados/as polo seu alcalde, Arturo Goldaracena. No acto tamén participaron o voceiro socialista, Francisco Reyes, e o concelleiro popular Alejandro Sánchez-Brunete.
FACENDA
Remata o prazo de votación dos OP Compostela Decide cun incremento na participación do 33%
A concelleira de Facenda, María Rozas, presentou hoxe o resultado do proceso Compostela Decide, que incrementou a participación nun 32,90% con respecto á súa edición anterior. Foron máis de 2.500 os votos emitidos este ano, e 1.177 novas persoas inscritas nas diferentes fases do proceso. As propostas gañadoras nesta fase de votación, que suman entre todas 1.500.000 €, incorporaranse ao proxecto de orzamento municipal de 2019.
MOCIDADE
Comeza o proxecto "Círculos de lectura", de análise crítica dos medios de comunicación
A concelleira de Mocidade, Noa Morales, deu conta hoxe dunha nova actividade dos orzamentos participativos do ano pasado que leva por nome Círculos de lectura. Unha crítica social dos medios de comunicación. Na rolda estivo acompañada de dous dos propoñentes, Jacobo Pérez e Luis Ogando.
EDUCACIÓN E ACCIÓN CULTURAL
Case 400 escolares celebran o Día de García Lorca en Santiago coa lectura de "Seis poemas galegos"
Un ateigado Teatro Principal acolleu esta mañá o acto que organizou o Concello con motivo do 25-O "Día de Lorca en Santiago", no que participaron 370 alumnos e alumnas dos centros Quiroga Palacios, Raíña Fabiola, Rosalía de Castro, López Ferreiro, Compañía de María e Nosa Señora dos Remedios.
LINGUA
Impulso á creación da Asemblea de Entidades Locais pola Lingua
O Pazo de Raxoi acolleu hoxe unha xuntanza de cargos municipais con responsabilidade na política lingüística, tanto técnicos como políticos, co obxectivo de avanzar na creación da Asociación de Entidades Locais pola Lingua co fin de desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma.
INNOVACIÓN
Compostela acollerá os días 30 e 31 de outubro a 5ª reunión de coordinación do Atlantic Social Lab
Santiago de Compostela acollerá os vindeiros 30 e 31 de outubro a 5ª xuntanza transnacional de socios do proxecto europeo Atlantic Social Lab. Á reunión acudirán arredor de 25 persoas pertencentes a cinco países da Unión Europea (Francia, Portugal, Reino Unido, Irlanda e España), co obxecto de por en común os avances dos traballos realizados no marco no proxecto.