ALCALDÍA
Martiño Noriega pronunciará este venres o pregón das festas de Oviedo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, será mañá o pregoeiro das festas grandes de Oviedo, as de San Mateo. O rexedor compostelán foi o elixido polo Goberno ovetense co obxectivo de potenciar a presenza desa cidade no ámbito do Camiño de Santiago.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
O alcalde recibe o alumnado do Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación, Manuel Dios, recibiron este mediodía no Pazo de Raxoi o alumnado da VIII Promoción do Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires. Os rapaces chegaron onte a Galicia na súa viaxe de fin de curso e visitarán a nosa comunidade ata o próximo día 29.
ESPAZOS CIDADÁNS E ACCIÓN CULTURAL
O Matadoiro Compostela énchese de actividades nos vindeiros días
O Matadoiro Compostela empeza a consolidarse como espazo para diferentes actividades culturais e artísticas, e a súa axenda para os próximos días está chea de propostas ben dispares. Un espazo fotográfico, a Casa dos Nenos ou unha verbena veciñal configuran a oferta.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O pedagogo Francesco Tonucci visitará a cidade o próximo 23 de setembro
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou esta mañá as actividades que organiza o Departamento de Educación e Cidadanía co gallo da visita do pedagogo italiano Francesco Tonucci. Estivo acompañado de Antón Costa, catedrático da Universidade de Santiago e escritor do limiar do libro de Tonucci A cidade dos nenos.
DEPORTE
Compostela acolle a última proba do Campionato de España de Enduro
A cidade acolle esta fin de semana a última proba do Campionato de España de Enduro, organizada polo club Móvete na Moto en colaboración co Concello. As probas comezarán mañá venres ás 19:00 horas co Super Test no Estadio de San Lázaro e continuarán o sábado e domingo, ás 9:00 horas, coa saída das carreiras.
PLENO
A Corporación insta ao Estado a implicarse no financiamento do transporte urbano colectivo
O Pleno da Corporación municipal acordou hoxe instar á Administración central do Estado a ter unha maior implicación no financiamento do transporte urbano colectivo e a tramitar unha Lei de financiamento de transporte público, que inclúa a participación de todos os niveis de goberno, en coherencia coas recomendacións da Unión Europea.