ACCIÓN CULTURAL
A IV edición de Plataforma arranca para achegar a cultura e as artes a todos os rincóns de Santiago
O Festival ofrecerá entre o 7 e o 15 de xuño, un amplo abanico propostas multidisciplinares entre as que destacan Olga Mesa, Cristina Balboa, Catarina Silva, Marc Vives, Mery Pais, Hugo Torres, Verónica Ruth Frías, Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez, Federico Vladimir e Pablo Lilienfeld. O xoves 8 de xuño, Antón Reixa abrirá a cuarta edición de Plataforma cunha performance en colaboración coa Banda Municipal de Música de Santiago.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Os Encontros Emprendedores abordan a economía circular como oportunidade para promover novas iniciativas
O ciclo de Encontros Emprendedores celebra a súa cuarta xuntanza que se centrará na xestión sostible dos recursos e na economía circular como un dos eixos de futuro, recollidos na Axenda Urbana 2030 compostelá. Este novo encontro terá lugar o vindeiro martes, 16 de maio ás 10:00 horas no Mercado Galego da Creatividade e a inscrición xa esta aberta para todas as persoas interesadas.