MEDIO AMBIENTE
O Concello ofrece un paseo nocturno pola cidade no marco do programa Slowlight
O vindeiro 15 de maio o Concello de Santiago súmase á celebración do Día Internacional da Luz cun paseo nocturno para que a cidadanía poida reflexionar sobre o impacto da iluminación na paisaxe nocturna da vila. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de maio.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a licitación da dirección facultativa das actuacións de mellora de eficienca enerxética do alumeado público
A Xunta de Goberno local, reunida en sesión extraordinaria, deu luz verde ao procedemento aberto de adxudicación da "Dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde das actuacións de mellora de eficiencia enerxética do alumeado público exterior do Concello de Santiago de Compostela", que conta cun orzamento base de licitación de 337.312,50 euros para os anos 2023 e 2024.
COMERCIO
A festa do comercio local Prima 23 arranca mañá con cambios no programa por mor da previsión metereolóxica
Tras a cancelación da programación prevista para o xoves 4 por mor da choiva, a cuarta edición da festa do comercio local Prima 23 desenvolverase finalmente mañá venres 5 e o sábado 6 de maio nos barrios máis comerciais da cidade: a Zona Vella, Ensanche, San Pedro, Concheiros, As Fontiñas e Conxo. Debido á previsión metereolóxica para estes días, o programa de actividades poderá sufrir algunhas modificacións.
DEPORTES
Máis de 150 deportistas participarán este sábado na I Copa Galega e no I Open Cidade de Santiago de Marcha Nórdica
Este sábado 6 de maio terá lugar a I Copa Galega Xunta de Galicia e o II Open Cidade de Santiago de Marca Nórdica, dúas probas organizadas pola sección de Marcha Nórdica do Club Vía Láctea en colaboración do Concello de Santiago, e a Federación Galega de Montañismo. Será un evento benéfico xa que se destinará unha parte do importe da inscripción á Cruz Vermella.
EMPREGO
O Concello de Santiago incorpora na sede electrónica a solicitude do servizo gratuíto para a limpieza de pintadas
Desde hoxe, todas as persoas que o precisen poderán solicitar a limpeza de pintadas e graffiti a través da sede electrónica da web do Concello de Santiago. Este servizo municipal, que xa realizou máis de 300 actuacións desde a súa posta en marcha en 2021, reforza o seu equipo con 3 novas incorporacións grazas ao financiamento do Programa de Emprego Local da Deputación da Coruña.