EDUCACIÓN
Publícanse as listas definitivas das escolas infantís municipais para o vindeiro curso
O Concello de Santiago acaba de publicar a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as así como a lista de agarda para as escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío. As familias con nenos e nenas que teñan adxudicada unha praza para este curso escolar 2023-2024 deberán formalizar a matrícula entre o día 6 e o 16 de xuño.
MEDIO AMBIENTE
#EuCompost_ela organiza un Laboratorio de Economía Circular para a cativada
O Concello de Santiago e a Unión de Consumidores de Galicia poñen en marcha unha nova actividade dirixida ao público infantil no marco do proxecto #EuCompost_ela. Trátase dun laboratorio co que se pretende achegar a economía circular a nenos e nenas entre 5 e 12 anos, acompañados por adultos, a través da experimentación e a creación in situ. En total realizaranse oito edicións en diferentes datas e zonas da cidade.
ACCIÓN CULTURAL
A SELIC volve á Quintana e estrea sección "criminal"
O festival da lectura levará o papel ao directo en Compostela coa conxunción entre diferentes xéneros. A SELIC Criminal reunirá o máis destacado do panorama ibérico a fin de semana do 17 e 18 de xuño.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Publicada a listaxe de admitidos/as a sorteo para as "Cativadas de verán" dos Centros Socioculturais de Santiago
O Concello de Santiago acaba de publicar a listaxe das persoas admitidas a sorteo para participar no programa de conciliación das Cativadas de verán que se vai desenvolver na Rede de Centros Socioculturais durante as vacacións do mes de xullo. Este ano ofértanse 310 prazas, 150 nos centros urbanos e 160 nos do rural, das que se poden beneficiar todos os nenos e nenas empadroados en Santiago.