EDUCACIÓN
'Esperando o amencer', da artista peruana Fabiola Anchorena, recibe o Premio Nacional aos Libros Mellor Editados 2022 na categoría de libros infantís e xuvenís
'Esperando o amencer', obra gañadora do XV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, convocado polo Concello de Santiago e a editorial Kalandraka, denuncia a destrución dos pulmóns do planeta a causa dos grandes incendios. A poética do texto contrasta coa dureza da historia, cuxa forza comunicativa recae nas ilustracións, que destacan polo seu maxistral tratamento da cor.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Preto de 12.000 persoas pasaron polo CSC Maruxa e Coralia desde a súa apertura hai seis meses
Tras seis meses a pleno rendemento, o CSC Maruxa e Coralia consolídase como espazo de referencia para a veciñanza da cidade histórica. Desde que abriu as súas portas na praza Salvador Parga, o pasado 9 de novembro, preto de 12.000 persoas achegáronse ao centro para participar nos diferentes cursos e actividades, facer uso do espazo público para ler a prensa, usar os ordenadores ou celebrar encontros, así como para visitar exposicións ou tomar parte no programa de roteiros e visitas guiadas pola cidade.
EDUCACIÓN
Escolares de Salamanca visitan o Pazo de Raxoi dentro dun programa de intercambio do Grupo de Cidades Patrimonio
O concelleiro de Educación, Rubén Prol, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi o alumnado do Colexio Misioneras de la Providencia de Salamanca, que estarán tres días de visita en Santiago no marco do programa Aula Patrimonio, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade en colaboración cos concellos membros.
MEDIO AMBIENTE
Comeza a instalación das 30.000 luminarias que renovarán todo o alumeado público de Santiago
O contrato de alumeado público adxudicouse hai un mes por 41.765.702 euros e suporá un aforro de máis do 70% no consumo enerxético co paso a luces led.