FESTAS
O recinto ferial de Amio acolle mañá a XXIV edición da Festa dos Maiores con xantar popular e actuación musical
Un ano máis volve a cita de referencia para os nosos maiores, na que é xa a súa 24 edición, cun xantar popular a partir das 14:00 horas, con sobremesa amenizada polo Grupo Alaska e José Manuel "Abanico" a un prezo adaptado a todos os petos de 7,50 euros. Para facilitar o acceso ao recinto ferial de Amio, o Concello porá á disposición dos asistentes un servizo especial de ida desde a praza de Galicia ata Amio, de 12:00 a 14:00 h, e volta, desde as 17:00 ata as 19:00 h. O xantar contará coa presenza do alcalde de Santiago...
CIDADES PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio formarán parte dos actos culturais da presidencia española da Unión Europea
A presidenta do GCPHE e alcaldesa de Segovia, Clara Martín, destacou que "a programación cultural da Noite do Patrimonio formará parte da axenda de actos da presidencia española da Unión Europea, coincidindo coa celebración do 30 aniversario do Grupo". A catedral de San Cristóbal de la Laguna acollerá o vindeiro 2 de xuño o concerto extraordinario coa Escola Superior de Música Reina Sofía, con motivo da Asemblea xeral do Grupo que se celebrará o sábado 3 de xuño na cidade.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas o 6 de maio en Manresa (Barcelona), o 11 de maio en Madrid, o 16 de maio en Orio (Guipúzkoa) e o 17 de maio en Torremolinos (Málaga), últimas vítimas de violencia machista.