CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede de Centros Socioculturais acolle o ciclo de teatro amador FegaTeatro con pezas para todos os públicos
A concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, acompañada por Chelo Pampillón e Manuel Dasilva, presidente e tesoureiro de FEGATEA, presentou esta mañá o ciclo de teatro amador "FegaTeatro" que arrancará o vindeiro 16 de xuño no Centro Sociocultural de Villestro.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local aproba a resolución das axudas destinadas ao deporte federado, das que se benefician máis de 50 entidades deportivas
A Xunta de Goberno local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou onte os expedientes de xustificación de axudas ao deporte federación, presentados por 51 entidades deportivas, que percibirán subvencións por un valor total de 280.289,83 euros.
FESTAS
Mañá arranca a IV edición da Festa do Banquete de Conxo con actividades dirixidas aos máis novos e os tradicionais Cantos de Taberna
As celebracións da IV edición da Festa do Banquete darán comezo mañá coa representación teatral do Pequeno Banquete, no que participará o alumnado do CEIP Quiroga Palacios, e o concerto de Fillas de Cassandra, que gravarán un videoclip co alumando presente na carballeira de Conxo. Pola tarde terán lugar os obradoiros de baile tradicional e de Cantos de Taberna co posterior percorrido polos bares do barrio para interpretar as diferentes pezas. O día grande das festas será o domingo 14 de maio, cunha romaría...
MEDIO AMBIENTE
O Concello de Santiago e a Deputación da Coruña asinan o convenio para o primeiro tramo das obras da Vía Verde en Compostela
Este novo tramo forma parte da Vía Verde Santiago-Tambre-Lengüelle, que engadirá 10 quilómetros aos 26 quilómetros actuais da Vía Verde en Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda e aos 30 quilómetros das sendas existentes en Compostela polas beiras do Sar e do Sarela. Esta primeira fase conta cun orzamento de algo máis de 826.756 euros, dos que a entidade provincial achega arredor de 527.959 euros o Concello de Santiago os 298.787 euros restantes.