IGUALDADE

Territorio das Mulleres reivindica Compostela como Espazo para as boas verbas a través dun poema de Sesé Mateo

22/11/2021

Compostela, Territorio das Mulleres lanza a campaña "Espazo para as boas verbas", que emprega a poesía para reivindicar os establecementos e entidades adheridas ao proxecto como espazos luminosos e libres de violencia. Un poema de Sesé Mateo sinala dende hoxe os espazos que forman parte do Territorio das Mulleres, nunha actividade poética que se completará cun recital de Petronila Daza e Bea López Jerez o vindeiro sábado 27 ás 12h na Casa Xohana Torres.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba o procedemento de inscrición nos programas de conciliación de Nadal nos CEIPS e no espazo de lecer María Miramontes

22/11/2021

A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, aprobou a prórroga da autorización de venda ambulante de artesanía, ata o 12 de decembro de 2021, coa obriga por parte dos autorizados de manter o cumprimento dos requisitos establecidos nas bases para o exercicio da actividade. Tamén se deu conta de varios convenios, entre os que destacan os asinados polo concello de Santiago coa asociación "Compostela Monumental", por 31.000 euros, para levar a cabo un programa de reactivación económica das compras mediante a entrega de bonos de aparcadoiro; e...

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

Reyes Maroto anuncia un investimento de 45 millóns de euros nas Cidades Patrimonio

22/11/2021

As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade en España recibirán 45 millóns de euros do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para financiar proxectos sostibles de rehabilitación e mantemento de patrimonio histórico e cultural de uso turístico, segundo anunciou hoxe a ministra Reyes Maroto no acto de presentación do programa Impulsa Patrimonio en Baeza (Xaén), ao que asistiu o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Cada cidade recibirá un máximo de 3 millóns de euros.

Ler máis
Compartir: