BENESTAR SOCIAL

O Concello súmase á conmemoración do Día da Infancia coa celebración dun pleno infantil

19/11/2021

Un grupo de alumnos e alumnas dos CEIP López Ferreiro e Lamas de Abade convertéronse en concelleiros e concelleiras por un día e celebraron un pleno municipal con motivo do Día Mundial da Infancia, que se conmemora o 20 de novembro. Con eles estiveron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e os concelleiros Mila Castro, Rubén Prol, José Antonio Constenla, Jorge Duarte e Navia Rivas.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

"Circo a escena e D10!" trai a Santiago sete espectáculos circenses, distintas actividades de formación e un espazo para a reflexión

19/11/2021

Do 23 de novembro ao 3 de decembro Compostela convértese no referente circense estatal, ofrecendo actividades de exhibición, formación, e un espazo de reflexión, dirixidas a públicos xerais e profesionais. E faino mediante a suma de forzas da programación "Circo a Escena co D10!, encontro en formación e innovación en circo". O programa, que tamén contempla sete espectáculos, foi presentado hoxe pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; Xaquín López, director-xerente do...

Ler máis

IGUALDADE

Case 3.500 persoas, entre alumnado e profesorado de ensino medio, participará na Semana escolar contra a violencia de xénero organizada polo Concello

19/11/2021

A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou hoxe a "Semana escolar contra a violencia de xénero", que se desenvolverá entre o 22 e o 26 de novembro, e na que se inscribiron 3.454 persoas, entre alumnado e profesorado de 2º, 3º e 4º da ESO; e primeiro de Bacharelato dos IES de Santiago de Compostela. A acitividade está coordinada por Diego Lago, presente tamén na rolda de prensa.

Ler máis
Compartir: