XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba dúas modificacións do orzamento prorrogado
A Xunta de Goberno aprobou hoxe dúas modificacións do orzamento prorrogado, unha por algo máis de 123.000 euros e a outra por 87.000. Parte dese orzamento será para as obras de Castrón Douro e para a redacción do proxecto de Clara Campoamor.
TURISMO
As Cidades Patrimonio promociónanse no Salon Mondial du Tourisme de París
O Grupo de Cidades Patrimonio promociona a oferta turística, patrimonial e cultural das 15 cidades no Salon Mondial du Tourisme, que se celebra do 14 ao 17 de marzo en París. As Cidades Patrimonio apostan por un mercado de grande interese, xa que España mantense como destino internacional preferido dos franceses, cunha cota de mercado do 17,8% sobre o total de viaxes internacionais, seguida de Italia (12,7%), Bélxica e Luxemburgo (6,8%), Reino Unido (6,3%) e Alemaña (5,5%).
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O alumnado do Monte dos Postes participa nunha nova sesión de música tradicional no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes
O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes acolleu esta mañá outra sesión de concertos de música tradicional que imparten Rosa Sánchez e Pablo Carpintero. Hoxe foi a quenda do alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Monte dos Postes, que asistiu ao obradoiro ás 10:00 e 11:00 horas. En total participaron preto de 100 nenos e nenas.
CONSORCIO
O martes 19 de marzo, último día para visitar na Casa do Cabido a exposición do artista Salvador GB Pereira
A Casa do Cabido acolle, dende mediados do pasado mes de xaneiro, a exposición Nun recuncho de ningures, que reúne pezas do artista compostelán Salvador García-Bodaño Pereira, coñecido como RADU
FESTAS
O desfile-concurso de Entroido celebrarase este domingo cos mesmos horarios e percorrido
O próximo domingo, 17 de marzo, celebrarase o desfile do Entroido que fora adiado o pasado día 5 por mor do mal tempo. O evento mantén os horarios e percorrido previstos, pero a entrega de premios celebrarase no Teatro Principal e non na Sala Capitol.
ALCALDÍA
Asinado o convenio para desenvolver o proxecto da EDAR da Silvouta por diálogo competitivo
O alcalde, Martiño Noriega, e a directora xeral de Acuaes, Rosa Cobo, asinaron hoxe en Madrid o convenio que permitirá determinar o proxecto de construción da EDAR da Silvouta a través dun proceso de diálogo competitivo. O rexedor expresou a súa satisfacción pola firma do acordo, que "permitirá que se constrúa unha nova depuradora á altura das necesidades de Santiago e na localización da actual EDAR da Silvouta".