ALCALDÍA
Recepción a unha delegación do Goberno de Guinea-Bissau
Integrantes da Corporación recibiron en Raxoi o ministro de Administración Territorial de Guinea-Bissau, Sola Naquilin. A concelleira Concha Fernández foi a encargada de dar a benvida a Santiago á delegación guineana, que está en Galicia para coñecer diversas iniciativas de desenvolvemento local.
ACCIÓN CULTURAL
Xaquín López, novo xerente do Auditorio de Galicia
O Consello Reitor do Auditorio de Galicia pechou esta mañá o proceso de selección do novo director-xerente do Auditorio de Galicia, coa designación para o posto de Xaquín López González.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Concellaría de Educación colabora co proxecto didáctico "Las Sinsombrero"
O Concello de Santiago é unha institucións que colabora coa Fundación Cultura de Paz na posta en marcha do proxecto Las Sinsombrero, que recuperará a figura das poetas da Xeración do 27 con motivo do seu 90 aniversario. Esta iniciativa didáctica permitirá traballar nas aulas, a través da música, pola igualdade e contra a violencia de xénero.
ALCALDÍA
O Goberno convocará esta semana a mesa de contratación do servizo da ORA e do guindastre
O alcalde informou hoxe da convocatoria, nesta mesma semana, da mesa de contratación que debe resolver a adxudicación do servizo da ORA e do guindastre, anulado por sentenza xudicial en novembro de 2015. Martiño Noriega explicou que ese é o paso necesario despois de que onte mesmo se recibira no Concello outra sentenza que admite o recurso presentado por Doal, a empresa que quedara como segunda clasificada por detrás de Setex no proceso culminado a finais de 2011.
DEPORTE
O Concello acometerá obras de reforma no pavillón do CEIP Apóstolo Santiago por importe de 300.000 euros
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá as obras que se acometerán no pavillón polideportivo do CEIP Apóstolo Santiago, que suporán un investimento duns 300.000 euros.
COMERCIO
A Quintana acolle un obradoiro de forxa que reunirá os mellores ferreiros do Estado
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acompañada do ferreiro Chago Martínez, presentou esta mañá o obradoiro de forxa que se celebrará en Santiago do 16 ao 18 de xuño e que reunirá en Compostela os 20 mellores ferreiros e ferreiras do Estado.
CONVIVENCIA
Uns 500 nenos e nenas participarán o 5 de xuño na I Gala pola Seguridade Viaria
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e a oficial Diana Parente, responsable do Departamento de Educación Viaria da Policía Local, presentaron a I Gala pola Seguridade Viaria, que se celebrará o luns 5 de xuño ás 10:30 horas, no Auditorio de Galicia. Participarán uns 500 rapaces e rapazas de 4º de Primaria e haberá humor, improvisacións escénicas, premios e a entrega de diplomas pola participación nas actividades formativas sobre seguridade viaria impartidas pola Policía Local.
MEDIO AMBIENTE
O CIAC programa un ciclo de documentais sobre loitas ambientais
O 5 de xuño celébrase en todo o mundo o Día do Medio Ambiente, este ano baixo o lema "Conectando á xente coa natureza", e no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), celebrarano dun xeito moi especial, cun ciclo de documentais titulado "Loitas ambientais na Galiza", co que os/as participantes se poderán achegar a algunhas loitas que nos conectan coas feridas da nosa natureza máis próxima.
O Goberno de Compostela lamenta a situación de violencia rexistrada esta tarde na cidade
O Goberno compostelán reproba os actos violentos rexistrados esta tarde en Santiago, e que causaron desperfectos en varios puntos da cidade histórica.