EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Últimos días para participar na IX edición dos recuperados premios "Educacompostela"
O venres 16 de setembro remata o prazo de presentación de traballos para optar aos premios Educacompostela na súa novena edición. A Concellaría de Educación e Cidadanía e Nova Escola Galega recuperaron este certame despois de seis anos, co obxectivo de recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que, polo seu valor e interese, poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.
POLÍTICAS SOCIAIS
O programa "Compostela Convive" dotará de recursos para a busca activa de emprego a persoas con especiais dificultades
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou acompañada do presidente da Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández, o programa Compostela Convive, desenvolvido dende o Concello de Santiago e a devandita asociación. O obxectivo desta iniciativa é dotar de recursos na busca activa de emprego a persoas con especial necesidade, como poboación en risco de exclusión social ou inmigrante. A primeira actividade do programa será un Festival Intercultural, que se celebrará este...
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Case 200 nenos e nenas participaron no Programa Municipal de Conciliación de Verán
O pasado xoves, 1 de setembro, comezou nos CEIP As Fontiñas e Raíña Fabiola a edición de setembro do Programa Municipal de Conciliación do Verán 2016. Un día antes do seu remate (mañá venres), o alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, compartiron uns minutos cos nenos e nenas asistentes e co equipo de monitores e monitoras.
FACENDA
A conta xeral do exercicio 2015 reflicte unha mellora nos principais indicadores económicos do Concello de Santiago
A concelleira de Economía e Facenda fixo unha valoración do informe da conta xeral de 2015 que levou esta mañá á Comisión de Facenda para o seu coñecemento e debate por parte dos voceiros dos grupos municipais. María Rozas destacou que o documento reflicte o incremento na liquidez, a redución da débeda por habitante e o incremento da solvencia a curto prazo.
MOBILIDADE
Este vindeiro luns entran en vigor os horarios de inverno no transporte urbano
O vindeiro luns, 12 de setembro, comezarán a aplicarse os horarios de inverno no transporte público en Santiago de Compostela. Así o vén de comunicar TUSSA, a empresa municipal de xestión do transporte urbano.
DEREITO Á VIVENDA
O Concello detecta a existencia de 2.800 vivendas susceptibles de participar no Plan de Mobilización de Vivenda Baleira
En Compostela existen 2.800 vivendas susceptibles de formar parte do Plan de Mobilización de Vivenda Baleira no que está traballando a Concellaría de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, co obxectivo de fomentar o alugueiro a prezos accesibles. O edil Jorge Duarte deu conta hoxe dos resultados da primeira fase deste programa, acompañado por Iker San Román, director da Área de Vivenda e Intervención Urbana de SUMAE, e ex director xeral do Servizo Vasco de Vivenda (Etxebide).
CONSORCIO
A mostra "Camilo Otero. Raíces de Compostela" pecharase este martes cun balance de máis de 3.000 visitantes
Baixo o título Camilo Otero. Raíces de Compostela, o Consorcio de Santiago promoveu unha exposición de pezas do polifacético artista compostelán, falecido no ano 2003. A mostra exhíbese na Casa do Cabido, na praza das Praterías, dende principios do mes de xullo. O vindeiro martes é o último día para percorrela. Durante este período visitárona algo máis de 3.000 persoas.
MOBILIDADE
Tussa dá un novo paso cara a municipalización da ORA e do guindastre
O consello de administración de Tussa aprobou hoxe o informe de viabilidade que avala que a sociedade municipal asuma a xestión da ORA e do guindastre. É un novo paso cara a municipalización do servizo, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulara a actual concesión a Setex Aparqui.