CONVIVENCIA
O Concello reforza os servizos de prevención e limpeza ante as malas previsións meteorolóxicas
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia vén de reforzar os servizos de prevención e limpeza ante as previsións meteorolóxicas que apuntan a que unha borrasca deixará fortes chuvias en Compostela durante a fin de semana. Este reforzo abrangue a Viaqua, a empresa concesionaria da xestión da auga; Urbaser, a concesionaria do servizo de limpeza, e ao corpo de Bombeiros.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras de mellora do pavimento nas rúas Estrada, Santas Mariñas e Picaños
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe as obras de rexeneración do pavimento da calzada das rúas Estrada, Santas Mariñas e Picaños. A actuación, da que se vai encargar a empresa Asfalgal Técnica Viarias S.L, conta cun orzamento de 237.803,34 euros, IVE incluído.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Aberta a inscrición no Programa Municipal de Conciliación do Nadal 2016
Hoxe venres, 18 de novembro, ábrese o prazo de inscrición no Programa de Conciliación Laboral e Familiar do Nadal 2016, organizado pola Concellaría de Educación e Cidadanía. A inscrición permanecerá aberta ata o venres 2 de decembro.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou este xoves unha vítima en La Virgen del Camino (León).
IGUALDADE
Arranca "En negro contra a violencia" con máis de 500 establecementos adheridos en Santiago de Compostela
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, deu no día de hoxe máis detalles da campaña En negro contra a violencia, que tinguirá de negro a máis de 500 establecementos e entidades. Na rolda de prensa estivo acompañada de Lucía Canoura e Uqui Permui, responsables técnica e de deseño da campaña, e dunha traballadora do Hotel Moure, lugar de celebración da rolda.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu a activista mauritana Aminetou Mint El Mokhtar
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse coa activista mauritana Aminetou Mint El Mokhtar, que está en Galicia convidada por la ONG Tierra de Hombres, coa que colabora no programa Petites Bonnes.
ALCALDÍA E TURISMO
Santiago(é)tapas xa está en marcha con máis de 100 tapas para degustar
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, membros da Corporación dos diferentes grupos municipais e representantes da Asociación Hostalería Compostela e de empresas e entidades patrocinadoras e colaboradoras participaron nunha pequena ruta dentro de Santiago(é)tapas, o concurso de tapas de Santiago, que comezou este xoves e se prolongará ata o domingo 4 de decembro.
ALCALDÍA
Encontro co cineasta Manuel Iborra
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a concelleira de Festas de Cádiz, María Romay, e o director de cine Manuel Iborra, con motivo da presentación en Cineuropa do documental La Fiesta de los locos.
ACCIÓN CULTURAL
Preséntase en Cineuropa a produción galega "María (y los demás)"
Este sábado, o festival Cineuropa acolle a presentación do filme de produción galega María (y los demás), dirixido por Nely Reguera. Outras estreas da xornada son as últimas películas de Olivier Assayas, Adolfo Arrieta e Yeon Sang-ho.
XUNTA DE GOBERNO
Aberta a primeira convocatoria de residencias de creación artística na Sala Agustín Magán
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a convocatoria de residencias de creación ou estadías técnicas para proxectos de artes escénicas na Sala Agustín Magán, do Centro Sociocultural de Santa Marta. As residencias serán de creación e investigación artística e, aínda que poidan contar con apoio loxístico e técnico, non suporán dotación económica algunha.