CONSORCIO

A Real Filharmonía ofrecerá esta temporada un ciclo de concertos para o público máis novo e para as familias a un prezo reducido

30/09/2015

A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu 20º aniversario esta temporada, na que buscará un maior achegamento a novos públicos. Dentro deste propósito artellouse o ciclo Descobre unha orquestra para ti, a túa!, unha serie de seis concertos repartidos ao longo da temporada, nun horario máis accesible para o público familiar e a un prezo reducido. En cada unha destas actuacións, que se celebrarán os venres ou os sábados pola tarde, interpretarase unha selección das pezas máis populares do...

Ler máis

ALCALDÍA

As obras do aparcamento de Pontepedriña estarán rematadas en novembro

30/09/2015

O alcalde de Santiago e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas visitaron esta mañá as obras do aparcamento disuasorio de Pontepedriña, uns traballos que está a executar a Xunta nuns terreos que lle foran cedidos ao Concello por ADIF. Martiño Noriega e Ethel Vázquez coincidiron en que este proxecto é unha boa mostra de que a colaboración entre institucións é beneficiosa para o conxunto da cidadanía.

Ler máis

MOBILIDADE

Máis de 32.000 usuarios empregaron o transporte público no Día Sen Coches

30/09/2015

O concelleiro de Mobilidade, Jorge Duarte, fixo un balance das actividades celebradas durante a Semana Europea da Mobilidade. Comezaron coa exposición de vehículos eléctricos na praza Roxa, que serviu para achegar aos composteláns a tecnoloxía existente relacionada con este tipo de vehículos para plantexar un debate sobre un cambio de paradigma no eido da mobilidade.

Ler máis

ALCALDÍA

Os alcaldes de Santiago e Val do Dubra reclaman a execución da variante de Aradas

30/09/2015

Martiño Noriega recibiu hoxe no Pazo de Raxoi ao alcalde de Val do Dubra, Antonio Negreira, dentro da rolda de contactos que está a manter cos rexedores da comarca de Compostela. Na reunión, os dous manifestaron o seu malestar polos atrasos que acumula a chamada Variante de Aradas, unha infraestrutura de vital importancia par aos dous municipios.

Ler máis
Compartir: