TURISMO

Área Santiago promociona a pesca como atractivo turístico entre xornalistas, turoperadores e pescadores deportivos

09/06/2015

Área Santiago organiza unha viaxe de xornalistas e profesionais do sector da pesca deportiva e dos turoperadores para promocionar os seus atractivos como destino para os pescadores afeccionados. Nesta acción participarán once persoas, entre xornalistas e pescadores deportivos, que participan habitualmente en campionatos, tanto en España como internacionalmente.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese a inscrición para a viaxe ao Algarve incluída no programa "Imos de excursión"

09/06/2015

Continuando coa programación de viaxes organizadas dende os centros socioculturais para este ano 2015, este xoves 11 de xuño, a partir das 17:00 horas, ábrese o período de inscrición na excursión de varios días á zona sur de Portugal, visitando varias vilas do Algarve. As inscricións deberanse realizar presencialmente nos centros socioculturais.

Ler máis

CULTURA

Uxía & Narf presentan "As baladas da Galiza imaxinaria" dentro do ciclo Sons’15

09/06/2015

Uxía e Narf funden os seus repertorios nun espectáculo conxunto, man a man, e propoñen un concerto de formato intimista, no que convidan a coñecer As baladas da Galiza imaxinaria. Este novo traballo inclúe clásicos do repertorio de ambos, así coma dous novos temas, "Onda soante" e "Cantiga do neno da tenda" e dous coñecidos pero inéditos, "Encontrarte" e "Nana de Zemanbiquo". Poderemos escoitalos este mércores 10 de xuño, ás 21:00 horas, no Salón Teatro,...

Ler máis

CULTURA

Concerto no Auditorio da Banda do Conservatorio Superior de Música da Coruña dentro do Ciclo de Novas Orquestras

09/06/2015

A Banda do Conservatorio Superior de Música da Coruña, dirixida por Sergio Añón, ofrece un concerto con obras dos compositores Sergei Rachmaninoff e Johan de Meij, acompañados de Manuel Casares ao piano e de Ricardo Pedrares ao trombón. Será este mércores 10, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia, enmarcado dentro do Ciclo de Novas Orquestras. A entrada a este concerto será de balde previa retirada de invitacións no despacho de billetes do Teatro Principal, aberto de 18:00 a 21:00 horas, ou no do propio Auditorio o...

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago remata as obras de renovación da cuberta do convento do Carme, pola que se filtraba a auga da chuvia

09/06/2015

A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago promoveu a terceira fase da intervención no convento do Carme, situado na rúa de Santa Clara. As obras, cun orzamento de 104.266,12 euros e iniciadas en decembro do pasado ano, foron realizadas pola empresa Elecnor, S.A. Os traballos centráronse na renovación da cuberta do inmoble, en particular na substitución das placas de fibrocemento e da tella existente.

Ler máis
Compartir: