EDUCACIÓN

Representada a obra de primaria gañadora do XX Certame de Teatro Intercentros

10/06/2015

Este mércores representouse no Teatro Principal a obra premiada de educación primaria do XX Certame de Teatro Intercentros, realizado pola Concellería de Educación en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago de Compostela. Escenificouse a obra Extraescolar, do grupo de teatro do Colexio San Jorge.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúa a I Mostra de Clubs de Teatro Afeccionado dos centros socioculturais

10/06/2015

Este sábado 13 de xuño continúan as representacións dos clubs de teatro dos centros socioculturais na Sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta, no marco da I Mostra de Clubs de Teatro Afeccionado. Serán tres os clubs que pasen nesta xornada polo escenario. A entrada é libre ata completar o aforo da sala.

Ler máis

CONSORCIO

Oitenta e un novos músicos aspiran a unha das 18 prazas para o curso de posgrao de Especialización Orquestral que imparte a Escola de Altos Estudos Musicais

10/06/2015

A Escola de Altos Estudos Musicais imparte o Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO), recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional. Naceu hai catro anos como unha experiencia pioneira en toda España.

Ler máis

CULTURA

A Jigsaw presenta o seu novo disco, "No true magic", dentro do Compostela Rock

10/06/2015

A Jigsaw, dúo de Coímbra, presenta o seu último traballo, No true magic, este xoves 11 de xuño dentro do ciclo Compostela Rock. Será na Fundación SGAE ás 21:00 horas. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), no teléfono 902 434 443 ou na web entradas.abanca.com. Teñen un prezo de 5 euros anticipada e de 7 euros o día do concerto.

Ler máis
Compartir: