CONSORCIO

O 15 de xuño remata o prazo de inscrición no curso de Especialización Instrumental da Escola de Altos Estudos Musicais

01/06/2015

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2015-2016. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Aberto o prazo de inscrición para os obradoiros "Medrar en familia"

01/06/2015

Un ano máis, os obradoiros Medrar en familia irrompen na programación de Vive o verán para darlle aos máis pequenos a oportunidade de gozar cos seus pais e nais dun momento diferente e especial. Este ano, o programa xira en torno a catro eixes fundamentais: a lectura, as sensacións, a psicomotricidade e a relaxación, que conflúen para dar lugar a catro obradoiros diferentes que se desenvolveran en diferentes centros socioculturais da cidade.

Ler máis

PATRIMONIO

Reunión da Comisión de Patrimonio e Cidade do Grupo de Cidades Patrimonio

01/06/2015

Este luns celebrouse na sede da FEMP en Madrid a reunión da Comisión de Patrimonio e Cidade do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A reunión estivo presidida por Miguel Ángel García Nieto, alcalde de Ávila e presidente desta Comisión, e contou coa asistencia dos concelleiros de Patrimonio das cidades que integran a rede.

Ler máis
Compartir: