PLENO
Aprobada unha declaración institucional que reclama un novo xulgado do social na cidade
O Pleno aprobou hoxe unha declaración institucional na que os catro grupos da Corporación amosan o seu apoio á creación dun novo xulgado do social no Partido xudicial de Santiago de Compostela. O texto foi consensuado por Compostela Aberta, PP, PSOE e BNG despois da xuntanza que os seus voceiros mantiveron a semana pasada co decano do Colexio de Avogados de Santiago, Evaristo Nogueira, para fixar unha posición conxunta na demanda de novos órganos xudiciais para a capital galega. Nesa reunión, presidida polo alcalde, Martiño Noriega,...
PLENO
O Pleno aproba unha baixada do IBI ao 0,51 e a conxelación do imposto de vehículos
Os votos do PP e do PSOE sacan adiante a emenda socialista á proposta de IBI do grupo de Goberno que sitúa este imposto no 0,51 para o vindeiro exercicio. Tamén se acordou gravar cun 50% de recargo ás vivendas baleiras porque, tal e como reflectiu a concelleira de Economía e Facenda na súa quenda, "é unha cuestión de xustiza social, posto que non pode haber vivendas sen xente e xente sen vivendas".
ACCIÓN CULTURAL
A coreana "Hai-Hil (Man On High Heels)" e o novo de Ulrich Seidl, filmes estrela da xornada do martes en Cineuropa
Cineuropa estrea en España Hai-Hil (Man On High Heels), do coreano Jang Jin, unha mestura de drama e thriller descarnado a partes iguais centrada nun policía transxénero, violentamente capaz de calquera cousa para deter aos criminais, e intimamente inmerso nunha crise, na procura da súa propia identidade sexual. O filme, que se proxectará no Teatro Principal ás 18:00 h, é escuro, desapacible e de impecable factura técnica
PLENO
A Corporación compostelá acorda por unanimidade a posta en funcionamento de atención integral ás persoas sen fogar
O Pleno da Corporación acordou este luns, por unanimidade, instar ao Goberno a poñer en marcha un programa de atención integral ás persoas sen fogar. Foi a proposta de Compostela Aberta, que na moción que levou á sesión ordinaria de novembro tamén propuña instar a outras administracións a que se corresponsabilicen na abordaxe desta problemática.