IGUALDADE
O Concello de Santiago reivindica o fin das violencias machistas
O Concello de Santiago amosou esta mañá na praza do Obradoiro a súa repulsa polas violencias machistas no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O alcalde da cidade, Martiño Noriega, deu lectura ás 11:25 da mañá dun manifesto redactado por todos os grupos políticos para reivindicar a fin dos feminicidios. Noriega estivo acompañado dos membros da Corporación, asociacións e veciños e veciñas da cidade que se achegaron á praza no momento da lectura do...
CONSORCIO
O Consorcio avanza os seus orzamentos para 2016, que incluirán unha partida de axudas para rehabilitar os elementos especiais de madeira e reixas na cidade histórica
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. No transcurso da xuntanza deuse un avance das cifras relativas aos orzamentos de 2016, que permitirán concretar as liñas presupostarias do vindeiro ano e que se aprobarán no próximo Consello de Administración, previsto para mediados de decembro.
INNOVACIÓN
O Foro de Diálogo Local reflexiona sobre a xestión enerxética das cidades intelixentes
A Aula Magna da Facultade de Matemática acolle mañá xoves o Foro de Diálogo Local. Smartcities e Enerxía, promovido polo Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC en colaboración con Energylab e o Concello de Santiago, en representación do cal participará o responsable da súa Área de Innovación, Fernando Suárez. A asistencia ao encontro é gratuíta previa inscrición.
ACCIÓN CULTURAL
Cineuropa estrea "Desde allá", Léon de Ouro no último Festival de Venecia
O debut de Lorenzo Vigas foi a gran sorpresa do pasado Festival de Venecia, a primeira vez que unha película en español conseguía o León de Ouro. Desde allá, que se estreará no Teatro Principal ás 20:00 h, é unha perturbadora película que parte dunha historia orixinal do mexicano Guillermo Arriaga.
TURISMO
Santiago promociónase en Milán como destino de congresos para o mercado italiano
Turismo de Santiago, a través do servizo para a promoción da cidade como destino de congresos, xornadas e incentivos, o Santiago de Compostela Convention Bureau, participa este xoves en Milán na Master Meeting, unha xornada de promoción directa para o mercado italiano, dirixida a organizadores profesionais de congresos.
CONVIVENCIA
A Policía Local segue apostando pola educación viaria entre os máis pequenos ao abeiro do programa Colecamiños
A Policía Local de Santiago segue traballando para promover unha boa seguridade viaria entre os máis pequenos. Por iso, pon en marcha unha campaña de educación viaria, enmarcada no programa Colecamiños, que levará por lema "Móvete seguro con moito olliño". As actividades están dirixidas aos alumnos de Primaria dos colexios de Compostela, que deberán inscribirse previamente.
ALCALDÍA
Compostela, Lalín e Silleda xúntanse para reclamar a rebaixa das peaxes da AP-53
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu hoxe no Pazo de Raxoi os rexedores de Lalín, Rafael Cuíña, e Silleda, Manuel Cuíña. Foi unha xuntanza solicitada polos alcaldes do Deza, co obxectivo de que os tres concellos sumen forzas para reclamar a rebaixa das peaxes da autoestrada AP-53. Esta petición vaise plasmar nun texto que os tres alcaldes levarán aos plenos das tres corporacións, e que logo lle será trasladado ao Ministerio de Fomento para que realice as xestións oportunas.