ALCALDÍA

O alcalde destaca, durante a visita ás obras do CSIEB, a implicación do Concello de Santiago no proxecto do biopolo e a aposta pola biotecnoloxía

22/07/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou hoxe as obras do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas (CSIEB) que ese está construindo nunha parcela cedida polo Concello de Santiago, a través de Sionlla Biotech. O biopolo ten como finalidade impulsar a investigación no eido da biotecnoloxía que se desenvolve en Santiago, afianzándoa e asentándoa na cidade, para que xere tecido industrial na contorna.

Ler máis

FESTAS

Volve a luz e a cor a Santiago cos Fogos do Apóstolo dos días 24 e 31

22/07/2022

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou hoxe o espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo do 24 e do 31 de xullo; xunto a Juan Manuel Humanes, director de espectáculos de RICASA, empresa adxudicataria do contrato. Por terceiro ano consecutivo os fogos do 24 dispararanse, de xeito sincronizado, desde cinco localizacións co fin de evitar aglomeracións e facilitará o visionado do mesmo desde prácticamente todos os puntos de Santiago.

Ler máis

FESTAS

Tamar Novas asina no Libro de Honra do Concello de Santiago

21/07/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños e os voceiros dos distintos grupos municipais recibiron esta mañá o pregoeiro do Apóstolo 2022, o actor Tamar Novas, horas antes de que este se dirixa ás compostelás e composteláns dende os balcóns de Raxoi para dar o pistoletazo de saída a esta edición das festas.

Ler máis

FESTAS

O actor Tamar Novas abre as Festas do Apóstolo cun pregón cargado de amor por Compostela

21/07/2022

O actor Tamar Novas deu o pistoletazo de saída ás festas do Apóstolo desde o balcón do Pazo de Raxoi ante unha praza da Obradoiro na que se congregaron veciños e turistas. O actor compostelán fixo un repaso pola súa infancia e primeira xuventude en Santiago así como polos seus inicios no mundo da interpretación. O público puido desfrutar a continuación do concerto da banda estadounidense The New York Ska-Jazz Ensemble.

Ler máis

FESTAS

As festas do Apóstolo recuperan o programa completo do Día do Traxe Galego

20/07/2022

O Concello de Santiago presentou esta mañá o programa da 43 edición do Día do Traxe Galego, unha cita que vai unida dende hai décadas ás festas do Apóstolo, e que tras dous anos de restriccións recupera o vindeiro sábado 30 de xullo o seu formato tradicional con desfiles, exhibicións, certame... Como novidade, este ano a praza de Mazarelos acollerá durante toda a xornada a Feira do vestir "De onte a hoxe" con pasarelas e obradoiros para todas as idades.

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ

A Xunta Local de Seguridade aborda o dispositivo para as festas do Apóstolo

19/07/2022

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade á que asistiron, entre outras autoridades, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Gonzalo Muíños; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, co obxectivo de consensuar as medidas de reforzo para garantir a seguridade durante as festas do Apóstolo. Na reunión constatouse unha tendencia á alza nos casos de vítimas de violencia de xénero en Santiago...

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello asina catro novos convenios con Banco de Alimentos, Fundación Down, Aspanaes e o Colexio de Avogados de Santiago por un importe total de 20.000 euros

18/07/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais Mila Castro, asinou esta mañá catro novos convenios por un valor total de 20.000 euros. Os acordos subscritos hoxe foron coa Asociación Banco de Alimentos, a Fundación Down Compostela, Aspanaes e o Colexio de Avogados de Santiago, que se suman aos outros 14 convenios asinados nas pasadas semanas con outras entidades sociais locais por un importe total de 427.500 euros.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local acorda incluir as rúas de Triacastela e Altiboia na zona 3 de residentes (San Pedro)

18/07/2022

A Xunta de Goberno Local, aprobou hoxe a ampliación do rexime de residentes da zona 3, San Pedro, coa inclusión das rúas Triacastela e Altiboia. Os residentes das mesmas, unha vez comprobado que cumpren os requisitos establecidos na "Ordenanza do Sistema de Ordenación" e "Regulación do Servizo da ORA e Aparcamento de residentes", poderán obter o correspondente distintivo de aparcamento.

Ler máis
Compartir: