PROMOCIÓN ECONÓMICA
Volven os obradoiros formativos ao Espazo Maker Compostela
O Espazo Maker Compostela volve abrir as súas portas na Casa das Asociacións de Cornes despois das vacacións de verán, e faino ofertando novos obradoiros formativos que se desenvolverán ao longo do mes de outubro. As actividades, os venres pola tarde e os sábados pola mañá, teñen como obxectivo axudar á comunidade maker de Compostela en diferentes materias como electrónica, programación, ou deseño 3D. As inscricións son de balde.
PLENO
Aprobada definitivamente, e por unanimidade, a nova Ordenanza de Circulación e Uso da Vía Pública
O Pleno da Corporación aprobou hoxe de maneira definitiva a nova Ordenanza de Circulación e Uso da Vía Pública, que entrará en vigor tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. O texto actualiza o que está vixente desde o ano 2012 e, tal e como explicou o concelleiro de Mobilidade, Xan duro, "introduce numerosas novidades que procuran avanzar cara un novo modelo de mobilidade, no que se prioricen os desprazamentos a pé e en bicicleta".
PLENO
Luz verde á aprobación provisional da modificación do planeamento urbanístico na parcela da Finca do Espiño
O Pleno municipal acordou na sesión ordinaria do mes de setembro a aprobación provisional da modificación puntual do PXOM e do PE-1 que suprime o aproveitamento lucrativo previsto na parcela privada de 8.012 m2 situada no perímetro da Finca do Espiño. A Corporación deu o seu visto e prace a este trámite cos votos favorables de BNG, CA e PSdG e a abstención do PP, despois de que en novembro de 2023 o Pleno acordara por unanimidade a súa aprobación inicial. Agora só resta a aprobación definitiva para a...
CAPITAL CULTURAL
Míriam Louzao inaugura o X Encontro Cultura e Cidadanía
A concelleira de Capital Cultural participou esta mañá na apertura do X Encontro Cultura e Ciudadanía sobre "Desprazamentos, desafíos e desexos para o noso sistema cultural", organizado polo Ministerio de Cultura e Deporte e que se desenvolverá ata o 26 de septembro no CGAG e no Museo do Pobo Galego. Este evento, que conta coa colaboración do Concello de Santiago, permitirá unha "revisión profunda da concepción da cultura, das políticas públicas, estratexias e programacións que a orquestran, e...
DEPORTES
Compostela acollerá este domingo a IV Milla Urbana Portas de Compostela
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá a IV Milla Urbana "Portas de Compostela", que se celebrará en Santiago o vindeiro domingo 29 de setembro a partir das 10 horas. Na rolda de prensa tamén participaron o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín; o presidente do Club Atletismo Santiago, Juan Pablo Fernández; e Eva Piñel, do Real Club Celta de Atletismo e número 1 do ranking galego da distancia.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade defende un urbanismo máis sustentable e unha mellora da calidade de vida das persoas que habitan os centros históricos
A presidenta do Grupo e alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, afirma que "a mellora da calidade urbana, a habitabilidade das cidades, a reformulación da mobilidade, a renaturalización dos espazos urbanos e a loita contra a emerxencia climática", forman parte dos grandes retos. Unha delegación do Grupo asiste ao XVII Congreso Mundial da Organización das Cidades do Patrimonio Mundial, que se celebra en Córdoba ata o 27 de setembro. No marco do Congreso, que reúne representantes de 65 cidades Patrimonio Mundial...
SERVIZOS BÁSICOS
O Concello fará limpezas nocturnas en redes de saneamento de preto de 20 puntos do Ensanche, Cidade Histórica e túneles
O Concello de Santiago levará a cabo a partir do 30 de setembro traballos de limpeza nocturnos para mellorar a rede de saneamento en preto de 20 puntos no Ensanche, Cidade Histórica e os túneles das Cancelas e Romero Donallo. Estes traballos desenvolveranse entre as 23.00 e as 7.00 do día seguinte e obrigarán a peches de tráfico.
LINGUA
Os Premios Youtubeiras renacen como Premios Youtubeiras+ ao abrir a participación ás persoas creadoras de contidos en galego en TikTok
Os premios, cuxas bases xa están publicadas en youtubeiras.gal, repartirán 7.500 euros entre as persoas gañadoras de sete categorías: canle de Youtube, canle de Tiktok, creación de contidos, revelación, calidade lingüística, rede e premio do público. O prazo de inscrición está aberto até ás 23.59 horas do 15 de novembro. Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de...
XUVENTUDE
Volven as "Noites Alternas"cunha trintena de actividades para darlle á mocidade alternativas de ocio nocturno saúdable
O próximo xoves arrinca "Noites Alternas", o programa de lecer nocturno alternativo que impulsa a Concellaría de Mocidade en colaboración coa Asociación Cultural e Xuvenil Itaca. Ata finais de novembro, os mozos e mozas de entre 16 e 35 anos poderán participar nunha trintena de actividades diferentes, con propostas para todos os gustos. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, deu conta hoxe da programación, "que volve apostar por fomentar a creatividade, e sobre...
DEPORTES
A 12ª Marcha Unificada de Special Olympics Galicia chega a Santiago de Compostela o 4 de outubro
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou este mañá a 12ª Marcha Ciclista Unificada para persoas con e sen discapacidade de Special Olympics Galicia. A proba desenvolverase en catro etapas, os días 3, 4, 5 e 6 de outubro, en diferentes puntos de Galicia. A etapa de Santiago celebrarase o vindeiro venres 4 de outubro, cun percorrido polas rúas compostelás que se pechará na praza do Obradoiro sobre as 14:00 horas.