POLITICAS SOCIAIS

O alcalde asina novos convenios con cinco entidades sociais, por un importe de 37.500 euros

30/07/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá os convenios de colaboración para 2021 coas seguintes entidades sociais: Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais (3.500 euros); Asociación Banco de Alimentos de Santiago de Compostela (5.000 euros); Fundación Secretariado Xitano (23.000 euros); ALCER, Asociación de Loita Contra as Enfermidades do Ril da Coruña (4.000 euros); e Colexio de Avogados de Santiago de Compostela (2.000 euros). En total, os convenios asinados hoxe suman...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde destaca os últimos avances en dous proxectos importantes para o futuro da cidade: Peleteiro e o biopolo

30/07/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, destacou hoxe en rolda de prensa os últimos avances en "dous temas que van ser importantes para a futuro cidade": o proxecto Peleteiro, do que onte se aprobou en pleno, por maioría absoluta, a Declaración Ambiental Estratéxica, que "inicia a súa tramitación"; e o biopolo, ao anunciar que o luns está previsto aprobar a cesión dos terreos.

Ler máis

PLENO

O pleno aproba o DAE e o borrador da modificación puntual do PXOM no ámbito da zona do Peleteiro

29/07/2021

O Pleno do concello de Santiago de Compostela, que comezou cun minuto de silencio polas vítimas da violencia machista, aprobou o "Documento de Avaliación Ambiental e o Borrador da Modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), no ámbito do PERI-12. Antigo Colexio Manuel Peleteiro"; cos votos a favor de Grupo Socialista, Compostela Aberta e BNG, e o voto en contra do PP.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Festival C espalla a súa programación cultural pola cidade e colma de actividades o mes de agosto

28/07/2021

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, presentaron esta mañá en rolda de prensa o programa cultural do mes de agosto. A casa do Concello acolleu a presentación da segunda edición do Festival C, que este ano supera o medio cento de espectáculos con funcións de teatro e danza, obradoiros de circo, proxeccións de cinema na rúa, itinerarios e laboratorios de creación sonora, concertos, exposicións, recitais de poesía,...

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS E IGUALDADE

Máis de 230.000 euros para distintas entidades sociais

28/07/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá os convenios de colaboración para 2021 coas seguintes entidades sociais: FEAFES (60.000 euros), Don Bosco (5.000 euros), ASPANAES (3.000 euros), Fundación Andrea (3.000 euros), Fundación Down Compostela (10.000 euros) e Caritas Diocesana, con quen se asinaron dous convenios, un correspondente á Concellería de Políticas Sociais (120.000 euros) e outro á de Igualdade (30.000 euros). Estiveron presentes no acto as concelleiras Mila Castro e Mercedes...

Ler máis

CONSORCIO

Un centro loxístico robotizado, que evitará a entrada de vehículos pesados na cidade histórica, unha das prioridades inmediatas da estratexia do Consorcio ata o 2032

27/07/2021

O presidente do Consorcio de Santiago e alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado do vicepresidente e conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e da xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández, presentaron esta mañá as principais liñas da "Proposta estratéxica plurianual do Consorcio de Santiago para o período 2021-2027-2032", refrendada o domingo polo Real Padroado, na que tamén se recolle a creación dun Polo de...

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago atendeu 4.500 consultas na semana do Apóstolo, o maior número semanal dende outubro do 2019

27/07/2021

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, acompañado da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, fixo unha valoración da evolución da temporada de verán ata o de agora, centrándose en especial nos bos datos das Festas do Apóstolo, e as previsións positivas que se manexan dende Turismo de Santiago cara aos vindeiros meses, que indican que Santiago recibirá en xullo arredor de 25.000 peregrinos, a mellor cifra dende finais da temporada de verán do 2019.

Ler máis
Compartir: