IGUALDADE
"Desveladas", novo ciclo de obradoiros para a transformación das mulleres do rural
"Desveladas" é o título do novo ciclo de obradoiros para mulleres do rural, que dá continuidade ao exitoso programa de igualdade que dende o 2016 se vén desenvolvendo nos centros socioculturais das parroquias de Compostela. Os talleres realizaranse o longo dos meses de febreiro, marzo e abril en Lavacolla, Figueiras, Laraño, Marantes, Busto, Aríns, Marrozos, A Barciela, Cesar e Lamascal. Estas tres últimas parroquias incorpóranse nesta edición.
ALCALDÍA
O Concello proponlle á Fundación RIA ubicar a súa sede en Santiago no antigo local da Mancomunidade
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, recibiron este martes o fundador e presidente da Fundación RIA, o arquitecto británico David Chipperfield. Esta entidade, que naceu centrada no ámbito do Barbanza e da Ría de Arousa, busca expandir o seu alcance situando a súa sede en Santiago de Compostela. O Concello propúxolle para a mesma o inmoble que no seu día foi a sede da Mancomunidade comarcal, na rúa das Oblatas, a carón do Sarela.