TURISMO

Aberto o prazo de inscrición na Festa Gastronómica das Uñas

26/02/2020

Xa está aberto o prazo de inscrición para que os establecementos hostaleiros interesados poidan participar na Festa Gastronómica das Uñas. A Asociación Hostalaría Compostela organiza este evento, que promove Turismo de Santiago co obxectivo de poñer en valor este prato tradicional non só nos locais do barrio compostelán de San Lázaro, senón de todo o concello.

Ler máis

TURISMO

As pernoctacións nos hoteis de Santiago subiron un 20% no mes de xaneiro

26/02/2020

O pasado xaneiro marcou un novo récord nas pernoctacións rexistradas nos hoteis, hostais e pensións de Santiago no primeiro mes do ano. Xaneiro pechouse con 62.288, segundo os datos do INE. É a primeira vez que se superan as 60.000 pernoctacións neste mes. Conseguiuse superar esta cifra grazas a un crecemento do 20,87% respecto a xaneiro do 2019.

Ler máis

MOCIDADE

Máis de 800 alumnos/as de cinco institutos participan no "Teatro-Foro"

26/02/2020

Ao longo deste curso escolar, a Concellaría de Mocidade está a impulsar unha nova edición do proxecto Teatro-Foro, para a educación en valores en diversos centros educativos da cidade. Os detalles da iniciativa, na que participan 196 creadores/as e 620 espectactores e espectactricesde cinco institutos da cidade, foron presentados en rolda de prensa pola concelleira de Mocidade, Noa Díaz, e polo organizador, Ramón Molina, de Arelar Xestión Socioeducativa.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Rosalía volve ser a protagonista dunha feira este sábado 29 de febreiro

26/02/2020

A imaxe renovada de Rosalía como unha superheroína con capa e máscara preside novamente o cartel do Festival Rosalía, unha feira de produtos rosalianos que terá lugar este sábado 29 de febreiro na praza de Cervantes. O Festival está organizado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e do Museo do Pobo Galego.

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ E IGUALDADE

Reunión para marcar protocolos cara a incorporación da Policía Local ao VioGén

26/02/2020

Esta mañá, os concelleiros de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e de Igualdade, Noa Díaz, presidiron unha xuntanza para avanzar no proceso de incorporación da Policía Local ao Sistema VioGén (Sistema de Seguimento Integral nos Casos de Violencia de Xénero). Na reunión participaron representantes da Policía Local, da Policía Autonómica e da Delegación do Goberno.

Ler máis
Compartir: